O presidente de Colombia, Álvaro Uribe, desencadeou un forte enleado co presidente venezuelano no almorzo de presidentes do Cúmio do Grupo de Rio cando comparou as relacións comerciais entre os dous países co bloqueo que Estados Unidos mantén sobre Cuba. Chávez díxolle a Uribe: "Vete p'al carajo":
Uribe, Chávez e Correa na foto oficial do Cúmio de Cancún.Foto Prensa Presidencial
O presidente Uribe, quen chegou tarde á cita produciu unha discusión acalorada e case fóra de si cando interrompendo ao presidente Chávez mentres este explicaba como o comercio entre ambos Estados multiplicouse por oito desde a súa chegada á presidencia en 1999 cando os intercambios ascenderon a 1.600 millóns de dólares (1.185 millóns de euros) fronte aos 7.900 millóns de dólares ( 5.851 millóns de euros) de 2008, foi nese intre cando Uribe interveu de xeito alporizado comparando o bloqueo de Estados Unidos sobre Cuba co trato comercial dispensado por Venezuela ás empresas colombianas.
Uribe continuou interrompendo ao presidente venezuelano, no momento que defendía a súa postura, polo que Chávez pediulle que lle deixase rematar a súa intervención e ao verse imposibilitado de lograr a calma do presidente colombiano o presidente venezuelano dixolle "Vete p'al carajo ".
Outras fontes que asistiron ao almorzo explicaron que o presidente cubano, Raúl Castro, que asiste á súa primeira xuntanza do Grupo de Río, tivo que mediar entre os presidentes colombiano e venezuelano para pór fin á discusión.
Uribe foi o derradeiro presidente en chegar a Playa de la Carmen, balneario do caribe mexicano, onde se incorporou ás sesións unha vez que estas empezaran, asistiu á foto oficial e posteriormente ao almorzo ofrecido polo mandatario mexicano, Felipe Calderón.
Cómpre lembrar que por volume a fronteira colombo-venezuelana é a fronteira con maior volume de negocios, medido en dólares estadounidenses, de toda América do Sur.