O SLG pide que a Administración asuma economicamente as perdas provocadas polos ataques, e que inclúa nesta categoría o corzo, o coello, o corvo e o voitre.
A secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG, Charo Sánchez Parga, reuniuse esta cuarta feira co subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Emilio Rosa Solana, e co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, para reivindicar que o sector agrogandeiro non siga a cubrir en exclusiva os custes derivados do mantemento da fauna salvaxe.
Argumentan desde o sindicato que, como patrimonio natural que é, a conservación da mesma debe involucrar o conxunto da sociedade. Neste senso, propón a modificación da Lei de Caza para que se estabeleza a Administración como única responsábel do mantemento da fauna salvaxe.
Ademais, no que atinxe aos ataques a animais en explotacións agrarias, o SLG solicita unha ampliación das especies contempladas coma fauna salvaxe, de cara a se axeitar á realidade do país. Xunto co lobo e o xabarín, xa incluídas actualmente, propón tamén o corzo, o coello, o corvo e o voitre.
No caso deste último animal, aínda que os ataques non son polo momento excesivos, si que se está a dar un aumento das incursións nas montañas orientais do país afectando -tamén o corvo- as crías recén paridas. E no caso do corzo e o coello, sobre todo nas comarcas do interior, é o viñedo e as novas plantacións froiteiras as que máis danos sofren.
"O sector agrogandeiro non pode cubrir el só o mantemento da fauna salvaxe", asegura Sánchez Parga. "Nós non estamos na súa contra, ao contrario, mais se tan importante é para toda a sociedade a súa conservación debería de haber unha responsabilidade e implicación compartida", reclama. Neste senso, considera que as indemnizacións son "insuficientes" e que deberían ser "a fondo perdido".
O propio García Borregón recoñeceulle á representante do SLG que as compensacións económicas non alcanzan a cubrir o total das perdas económicas, tanto as provocadas por danos directos como polos colaterais e polo lucro cesante.
Restos de animais mortos e Plan de Xestión do Lobo
O SLG pediu, ademais, a ampliación das partidas presupostarias para compensar anualmente as explotacións pola súa contribución ao mantemento da biodiversidade. Tamén propuxo o deseño dun protocolo para que non se retiren animais mortos por causas naturais en zonas de difícil acceso, propiciando alimento para a fauna salvaxe, e a inclusión do porco celta coma raza en perigo de extinción.
Por último, de cara á mellora das medidas estabelecidas actualmente, Rosa coincidiu co SLG na necesidade de revisar o actual Plan de Xestión do Lobo e as incidencias reais no territorio, elaborando de ser o caso, un novo anexo dos concellos declarados zona 1, onde se inclúan todos os concellos afectados por ataques.
E con unhas batidas de caza, ben feitas, non poderíase ter ao lobo, ao corzo, ao xavarín lonxe das terras, dos nosos animais?
E ata sería mais barato...
Cómo de ben feitas? como as que que levaron ate a situación actual de fauna en perigo de extinción?
#2 lura, polo que parez, o corzo, o lobo, o xavarin son unha ameaza, non animais en perigo de extinción... cada vez haiche mais...
si home! agora o sector agro-gandeiro de Galicia está en perigo polo lobo, ou o corzo ... neste caso Raimundo a ti pegábache unhas hostias a ver se parabas de dicir parvadas e a estes do SLG petáballes dous tiros...
que pais!!! que ben o loboooo!!! se aínda fose unha loba ;) juas juas...
#4 xavierkhan, ti nin sabes o que é ser galego, que é ser labrego... e o labrego ten que defender aos seus animais do lobo...
O úneco que está en perigo, é o labrego...
Vaite enterando...
O AUTENTICO LOBO DE GALIZA CHAMASE FRIJOLES E ESTA DESFACENDO E ARRUINANDO O PAIS ENTEIRO:
ANTES CO BIPARTITO GALIZA CREICIA UN 4,7 POR CENTO DO PIB E CREABA EMPREGO, AGORA CO FRIJOLATO GALICIA DECRECE UN 3 POR CENTO DO PIB (UNHA CAIDA DE MENOS 7,7 POR CENTO DO PIB) E O PARO ESTA A MEDRAR O MAXIMO NESTE ANO UN 15 POR CENTO MAIS, NO ANO TRIUNFAL DE FRIJOLES (ESE SUBPRDUCTO INTELECTUAL DA COZ DA CORUÑETA) AS EXPLOTACIONS GADEIRAS PECHADAS SUPERAN O MILLAR, O PREZO DO LEITE E O PEOR CUN LEMBRA, E SON A CENTOS AS PYMES QUE PECHAN AS PORTAS. FRIJOLES, SON RUINA DAS FAMILIAS E EMPRESAS GALEGAS TEMOS DE DECIR QUE NUN SECTOR TAN GALEGO COMO O FORESTAL A CAIDA DOS INGREOS E DO 28 POR CENTO. E QUE A PESAR DAS PROMESAS DO FRIJOLES ESTE ANO CITROEN VAI DESPEDIR A 700 EMPREGADOS E REDUCIR A PRODUCCION UN 20 POR CENTO. CON FRIJOLES EN GALIZA A RUINA E SEGURA... OS GOBERNOS DE BIPARTITO PARECEN UN PARAISO COMPARADOS CO INFERNO DO FRIJOLATO ESTE ANO
Ai que aclarar os 2 conflictos dos gandeiros coas especies salvaxes.
1º- O lobo; este si é unha especie salvaxe en perigo de extinción, un animal carnivoro e depredador, que ten o maximo nivel de protección. Por iso o complicado das batidas, non sabendo canto pode danar o nivel cinexetico da especie.
2º- Os raposos, corzos, xabarins e aves. Son animais que non están en perigo de extinción, pero protexidos como fauna salvaxe.
Só o caso do raposo, como carnivoro non en perigo de extinción, podese atallar mellor con batidas controladas naqueles lugares donde as perdas señan abundantes, pero perdas razoadas (100 galiñas mortas o aire libre, sen nave de cortes, espazo cerrado ou vixiancia é o mismo que un concesionario de coches con estes aparcados na rúa coas chaves postas).
Os corzos, xabaris e volateria, xa son especies herbivoras, que danan os cultivos horticolas e de gran. As batidas tamén son aceptadas cando se controle o seu nivel cinexetico.
Mais si que se debia ter artellado un "Sistema de Compensacións de Danos Colaterais", compensando tanto a perda deses animais xa adquiridos e criados, como compensar tamén a Reposición deses animais por novas reses, e dicir pagando 2 animais por ser victima do dito dano colateral.
Do mesmo xeito aplicariase os cultivos danados, indemnizando tanto o custo de plantalo cultivo como o beneficio que este dera no mercado.
Valido seria tamén un modelo mixto, e dicir, a Xunta promoveria un convenio con aseguradoras (seguros agrarios subencionados a baixo coste po labrego) pa dar cobertura dos animais ou cultivos agrarios perdidos por ditas especies(tasación do dano) e, mentres a Xunta indemnizaria para a adquisición da res a repoñer e do valor do cultivo danado ou o a resementeira do mesmo.
A peor fauna salvaxe que hai neste país parece que está no SLG, dende lobos Docampo até linces de merín, pasando por especies protexidas de Abadín
É curioso ver como a naturaleza pouco a pouco é o escollo de todos os problemas do país. Agora son os corvos os voitres corzos... Despois serán as bubelas e cando non haxa máis bichiños serán os carballos, os toxo e así sucesivamente. Durante moitos anos tocoume soportar en varios comités de pesca fluvial todos os seus males viñan da depredación do corvo mariño nos ríos. Fíxose un estudio, que nunca se presentou oficialmente pero todo o mundo sabe que o resultado foi que o impacto era insignificante. Despois eran as garzas, logo as lontras e ultimamente o visós americanos. Pero non é o problema.
A agricultura en Galiza vaise ir a merda pero non é por culpa nin do corzo, nin do xabaril nin do corvo (si é o corvo poi polo que eu sei son contados os que hai) ou na gandería polo lobo ou o voitre. vai ser por nos mesmos e unha política absurda.