A institución académica adapta a súa presenza na rede á súa nova imaxe corporativa e tenta respectar os criterios de accesibilidade.
A Universidade de Vigo estreou nova web. A institución académica abandona o anterior deseño, menos funcional e baseado na tecnoloxía Flash, por unha estrutura máis clara e que ademais amosa o seu novo logotipo (Universida-de-Vigo).
A páxina cumpre as especificacións de accesibilidade e estrutura o contido mediante un menú en columna. A información do Diario da Universidade de Vigo (DUVI) cobra protagonismo na portada, que no día do lanzamento amosa un artigo de opinión asinado pola presidenta de Eganet, Beatriz Legerén.
Iso de que saia en español por defecto, independentemente incluso do 'locale' do navegador, é erro ou 'característica'?
fáltalle o til a "Universidá" :-/
...e se me permiten, o deseño é, sendo amábel, moi "retro"
a mín saíume en galego..=s non inventes #1, vale que o de universida-de-vigo non é un acerto, porque é mais ben triste, pero tampouco inventemos
Unha axencia catalana, un xurado provinciano e un erro colosal, o novo logotipo. De vergoña allea e creando problemas onde non había. Bravo.
É a terceira vez que probo, desde un ordenador distingo e segue saíndo en español por defecto... Non lle pasa a ninguén máis?