Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
COMUNICACIÓN OFICIAL DO MINISTERIO DE EXTERIORES VENEZUELANO

Acusacións de xuíz español contra Venezuela son inaceptábeis

O Ministerio do Poder Popular para as Relacións Exteriores venezuelano cualificou onte, segunda feira, como inaceptábeis, de natureza e motivación política, a acusación dun xuíz español sobre a suposta cooperación do goberno bolivariano coas FARC e ETA e en especial co cidadán Arturo Cubillas Fontán.

Xurxo Martínez Crespo - 13:31 02/03/2010

O Ministerio de Relacións Exteriores venezuelano informa que desde o Estado español realizan acusacións inaceptábeis, de natureza e motivación política sobre o Goberno venezuelano sen aclarar que a causa do auto de procesamento "é un cidadán que reside en Venezuela desde o mes de maio de 1989, como produto dos acordos entre os daquela presidentes Carlos Andrés Pérez por Venezuela e Felipe González polo Estado español".

Comunicado

O Goberno da República Bolivariana de Venezuela tivo coñecemento, por vía de prensa, do auto de procesamento emitido por un xuíz español, no que se fan sinalamentos inacepábeis, de natureza e motivación política, sobre o goberno venezolano.

No mencionado auto, faise referencia a un cidadán que reside en Venezuela desde o mes de maio de 1989, debido a acordos entre os daquela presidentes Carlos Andrés Pérez e Felipe González.

Sorprende que en ningún momento se mencione o nome dos autores deste acordo, mentres que o xuíz se toma a molestia de referirse reiteradamente e de xeito irrespectuoso ao presidente dos venezuelanos, Hugo Chávez, facendo sinalamentos tan tendenciosos como infundados acerca do goberno bolivariano.

A totalidade dos cuestionamentos formulados por este xuíz, son produto da utilización de arquivos contidos no computador supostamente incautado a Raúl Reyes, durante a operación militar que implicou o bombardeo ilegal do territorio ecuatoriano e durante o cal foron masacradas deceas de persoas. Resulta tamén abraiante que o xuíz resucite a desgastada farsa do computador, que xa pasou a formar parte do folclore político colombiano.

O ministro de Relacións Exteriores da República Bolivariana de Venezuela, en carta dirixida ao ministro de Relacións Exteriores do Reino de España, lembroulle o acordo de 1989 polo que o cidadán en cuestión reside en Venezuela a petición do Estado español, rexeitando os sinalamentos infames deste xuíz español e reiterando o profundo apego aos valores democráticos e humanistas que caracteriza ao goberno revolucionario bolivariano de Venezuela.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: