Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
VIEIROS DAS ESTRELAS

A Universidade do Miño propón a creación da Axencia Espacial Luso-Brasileira

O proxecto, en fase inicial, xa conta co apoio do goberno portugués e pretende o aproveitamento de sinerxias no eido da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Redacción - 11:05 03/03/2010

Brasil é punteiro na tecnoloxía aeroespacial e Portugal ten a experiencia que confire ser membro da Axencia Espacial Europea. A proposta feita polos físicos da Universidade do Miño (UM) aposta por aproveitar estes coñecementos para crear sinerxias e avanzar a un tempo nas relacións portuguesas-brasileiras e no coñecemento da realidade espacial da man dun maior desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Así o avanzou o director da Axencia de Enerxia da UM, Joaquim Carneiro, quen xa está facendo contactos no Brasil con prestixiosas institucións vencelladas ao mundo empresarial e do ensino, ademais dos organismos estritamente administrativos (como o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía ou o de Educación). Segundo explicou, o proxecto, que aínda non ten un custe avaliado, xa conta co apoio do goberno portugués. “Se houbese votade política”, dixo, “a Axencia Espacial Luso-Brasileira deixaría de ser un soño”.


4,86/5 (7 votos)


Comentarios (5)

roibran #1 3/Marzo/2010 roibran
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E non sería mellor que en troques de gasta-los cartos en operaciós turísticas papais e en pulpadas gratis os gastasemos nesta axencia? Asi é o xeito de contribuir a que haxa menos paro.

alpabarda #2 3/Marzo/2010 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

roibran

Nun país no que o 80% da xente nova quer ser funcionaria, non lle interesa unha axencia espacial.

breoghain #3 3/Marzo/2010 breoghain
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que oportunidade para conjuntar sinergias com os telecos da universidade de Vigo que trabalham na elaboraçom de satélites artificiais. Galiza deve mirar para o futuro sem o lastre do vizinho hispano usurpador da nossa liberdade. Nom somos espanhóis e o nosso génio e espirito trabalhador pode-nos fazer despegar desta lameira infernal e escura na que nos estám a afundir.

mundialista #4 3/Marzo/2010 mundialista
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Reintegracionismo espacial!

Escapar do bendito Reino de Espanha numa nave espacial junto com portugueses e brasileiros.

1. Se não vai já contra as atuais leis do reino, farão-se as que figerem falta. Que nem Audiencia Nacional nem Tribunal Constitucional tolerarão.

2. É pecado ou quase.

http://www.conferenciaepiscopa...

http://www.lasprovincias.es/va...

3. Atenta contra os dereitos individuais, pois discriminaria castelhano-falantes que não tenhem o dever de conhecer nada mais que castelhano, e os GB com Rosa Díez de Rivera protestarão.

rinlo #5 7/Marzo/2010 rinlo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Apoio estes comentários, ainda que Zapato Veloz faça uma nova canção.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: