Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO MINISTRO DE EXTERIORES DE VENEZUELA

Ataques contra o goberno venezuelano son unha campaña das empresas de comunicación

O ministro do Poder Popular para as Realcións Exteriores de Venezuela, Nicolás Maduro, declarou que este novo ataque contra o Goberno Bolivariana forma parte da campaña que, sobre infamias, artellan no Estado español desde hai anos con sobrado apoio das empresas de comunicación que alimentan e renacen cada certo tempo as mesmas infamias.

Xurxo Martínez Crespo - 12:40 04/03/2010

"Rexeitamos os termos expostos na decisión do xuíz Eloy Velasco, así como rexeitamos toda a campaña aberta en España que, contra o noso país, desatouse"

Desta maneira referiuse o ministro do Poder Popular para as Relacións Exteriores, Nicolás Maduro Moros, sobre a decisión do xuíz Eloy Velasco, da Audiencia Nacional española, de sinalar ao Goberno venezuelano como colaborador da organización independentista armada basca ETA e das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Ejército del Pueblo (FARC-EP).
Segundo o ministro de Exteriores venezuelano  este novo ataque contra o Goberno Bolivariano forma parte da campaña que, sobre infamias, artellan no Estado español desde hai anos con sobrado apoio das empresas de comunicación que alimentan e renacen cada certo tempo determinadas mentiras. a fin de estimular o desprezo cara a Venezuela e cara á Revolución Bolivariana e sobre todo cara ao presidente elixido polos venezuelanos Hugo Chávez.

"O noso movemento revolucionario, que é de carácter bolivariano, é un movemento que conseguiu un camiño para as transformacións pola vía constitucional, pacífica, democrática, cunha visión humanista, nada temos que ver coa banda terrorista da ETA nin hoxe nin nunca", declarou o ministro Nicolás Maduro.

Reflexionou e convidou a facer unha revisión dos xornais de circulación estatal no Estado español, non só neste intre, senón nos derradeiros anos, en relación ao tratamento informativo que, sobre Venezuela realizan, pero neste caso en particular laiase do xeito como trataron "cunha veracidade absoluta" o ditame de Velasco quen sustenta o seu veredito nun instrumento "de guerra política como o é a computadora de Raúl Reyes".

"Debe saber a opinión pública española que con esa computadora pretenden perseguir á esquerda democrática e loitadora de Colombia, trataron de fabricar xuízos contra presidentes, coma o presidente venezuelano, o presidente (Rafael) Correa e (Daniel) Ortega. Unha computadora convertida nun instrumento de guerra política, que para o xuíz Velasco ten sustento para tratar de adiantar un conxunto de medidas contra o noso país (...) pero sabemos que máis tarde que cedo vaise a afundir na lama da mentira, porque a verdade, ao final, vai terminar prevalecendo... desde o primeiro día esa computadora recibiu o mallo absoluto da verdade do que é a conduta transparente de respecto ao dereito internacional do goberno presidente Hugo Chávez".

Deixou claro e reiterou que o ministro de Exteriores español Miguel Ángel Moratinos falou telefónicamente, tanto con el como co presidente Chávez, en principio, para saudar e despois para destacar que o Goberno español estaba interesado en manter as mellores relacións con Venezuela e que esta decisión dun xuíz non podía empañalas.

A chamada foi recibida durante a visita do presidente venezuelano, acompañado de Maduro, cumprían en Montevideo, Uruguai, con gallo da asunción á presidencia de Pepe Mujica. 

Hilary Clinton e a súa visita 

A xira por Latinoamérica que realiza a Secretaria de Estado do goberno de Estados Unidos, Hilary Clinton, foi tamén un tema abordado polo ministro Maduro quen non dubidou en sinalar que esta visita ten o mesmo carimbo da política que cara a esta rexión mantiñan os seus antecesores, é dicer, dividir, polo tanto xa se lle pode cualificar como "unha xira fracasada".

"Hilary Clinton, o que vén expresando nas súas intervencións é que vén a América Latina a intrigar, a tratar de dividir aos países que vimos traballando pola unión dos nosos países, a tratar de crear dúbidas sobre os procesos de transformación revolucionaria democrática que vivimos países como Venezuela", destacou.

Sinalou que a axenda "intervencionista e insolente" que mantiñan os seus antecesores cara a Caracas mánténse. "Rexeitamos e repudiamos as declaracións de Clinton sobre o noso país e alertamos aos nosos irmáns do continente a estar atentos porque as verdadeiras intencións son de división".


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: