Participara no comando das forzas que tomaran o Aeroporto da Portela (Lisboa) e foi Conselleiro de Estado e Ministro de Traballo.
A morte de José Inácio da Costa Martins, capitán da Revolução dos Cravos, conmocionou esta fin de semana Portugal. O que fora membro do Consello de Estado e ministro de Traballo nos gobernos de Vasco Gonçalves, sufriu un accidente aéreo en Montemor-oNovo, no sur do país.
Costa Martins (1938) participara no comando das forzas que asaltaron o Aeroporto da Portela (Lisboa) e o Aeródromo Base nº1 De Lisboa. "Un home de acción e de grande capacidade de decisión", dixera del Otelo Saraiva de Carvalho subliñando a súa participación na Revolução.
As causas do accidente están a ser investigadas pola Policía Xudiciaria e polo Ministerio Público.
Máis información: