Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
incumprimento da Lei de caza e de proteción dos animais domésticos

Amigos da Terra denuncia ao Concello de Verín pola falta de xestión dos cans abandonados

A asociación ecoloxista, que enviara tres denuncias por esta mesma causa fai uns anos, continua recibindo comunicacións de veciños alertando da presenza de cans de caza abandonados pola vila e a omisión, por parte da Concellería de medio ambiente de Verín, das xestións oportunas para rematar con esta situación

Amigos da Terra - 10:40 09/03/2010
Tags:

Esta apartado está regulado pola actual Lei de protección de animais domésticos de Galicia, que establece a obrigatoriedade de que sexan os concellos os competentes para recoller os animais abandonados, con independencia de que neste concello, exista un centro de recollida. A norma di que as administracións locais concertarán convenios coa Xunta de Galicia e con entidades autorizadas para a protección e defensa dos animais.


Ademais, mediante esta nova denuncia ao concello de Verín, Amigos da Terra solicita que se dea unha solución para unha cadela de caza abandonada e localizada na parroquia de Santa María de Ábedes. Debe comprobarse se o animal dispón de microchip para saber se o seu propietario cumpriu cos deberes legais. Se a cadela non leva tal dispositivo "estaríamos ante a presenza dun dobre incumprimento da lei de protección dos animais e da lei de caza de Galicia", denuncian os ecoloxistas.


Neste caso, son os veciños os que están a alimentar á cadela, xa que o concello de Verín lles anuncia que non ten competencia para xestionar a situación. Namentres, os animais deambulan polas vilas, o que carrexa consecuencias nefastas, tanto para os propios animais como para a poboación, polo risco de infeccións e mordeduras pondo en perigo a saúde pública e pola alta probabilidade de que se provoquen accidentes de tráfico nas rúas da vila.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: