Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Vacacións ecolóxicas

Esta ponte de San Xosé escápate a As Corcerizas!

O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros 19, 20 e 21 de marzo co gallo da ponte de San Xosé. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza da Serra de San Mamede, constitúe unha boa opción de agasallo para compartir uns días en familia.

Amigos da Terra - 11:05 09/03/2010
Tags:

Aproveita esta escapada para deixarte hipnotizar pola súa paisaxe  e desfruta dunha visita ao equipamento para coñecer "in situ"  un proxecto que demostra  a súa realidade.

Reláxate no Balneario de Baños de Molgas, gozando das propiedades terapeúticas das súas augas a través dunha ruta termal:  toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con barro.  Todo isto cun  15 % de desconto en tratamentos de auga.

Así mesmo, o enclave do albergue  é ideal para realizar libremente diferentes rutas a pé ou en bicicleta.   
 
Máis información e reservas:
Rebeca Carreiro (responsable de As Corcerizas)
Tfno: 988374318
E- mail: info@ascorcerizas.com


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: