A corrente cristiá Somos Igrexa denuncia a "laxa interpretación do concepto de Estado aconfesional" e dubida que a visita do Papa no outono sirva de algo.
"Volve pórse en cuestión a existencia dunha verdadeira separación de Igrexa e Estado, así como unha laxa interpretación que se fai do concepto de Estado aconfesional que recolle a Constitución Española no seu artigo 16.3". Esta é a valoración que lle merece á corrente Somos Igrexa o modo no que se produciu a recente visita ao Papa no Vaticano. Recordámoslles que se trataba dunha visita privada do arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, ao Pontífice, mais transcendeu na práctica como unha visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Unha situación que desde este colectivo consideran que "confunde a cidadanía e cuestiona o principio de separación de Igrexa e Estado".
Somos Igrexa-Galicia cre que non é lóxico que o arcebispado convide o presidente da Xunta a formar parte do seu grupo de acompañantes. "O Presidente da Xunta non pode esquecer que representa a todas/os galegas, independentemente da súa crenza ou relixión", afirman, cualificando de "inadecuado" o xeito no que se produciu o encontro. "Nunha sociedade, como a galega, que xa é na práctica multicultural e pluriconfesional, actuacións como estas amosan que non existe unha equidade de trato a todas as confesións relixiosas existentes no noso país", reprochan.
Por outra parte, admiten a importancia que podería ter para o sector turístico do país a visita do Papa a Galiza coincidindo co desenvolvemento do Ano Xacobeo 2010, per cuestionan a importancia da visita máis aló dese potencial como motor do turismo. "Agardamos que dende a xerarquía eclesiástica se aproveite para darlle un verdadeiro contido pastoral á mesma e que a axude a profundar nos verdadeiros retos que ten na actualidade a Igrexa galega", sinalan ao respecto.
eu vexoo mais coma a necesidade que tivo frijolito de que pasara algo 'interesante' no xacobeo '10, xa que a preparación foi pésima, así que supoño que algo pagaría, porque xa sabemos que a igrexa NUNCA fixo nin fai nada de balde
Non deberiamos consentir actos dunha eirexa que contribúe a colonización da Galiza, que lle aprendeu ó pobo que misa é en castelán.
Laicos ou relixiosos, a ver se dunha vez identificamos estes Xacobeos como o que son: o aquelarre do anticristo, cós seus esbirros tangallegos.
É que a confusión Igrexa-Estado é constante na situación que vivimos.
Se o estado é aconfesional, ¿acaso non é ANTICONSTITUCIONAL -malia esta constitución de dereitas que temos- cousas como a "ofrenda anual ao Apóstol en nome do rei", a presenza de autoridades municipais e xudiciais en procesións durante festividades locais, a presencia tamén nas mesmas de soldados do exército en formación e uniformados, que ata o momento tenhan presidido escolas e institutos públicos símbolos dun_a determinada relixión, como os crucifixos, a existencia de patronos ou patronas en institucións públicas como o exército, a policía e outras?
Vivimos metidos de cheo na hipocrisía e a contradicción permanentes. Cousas como o da non confesionalidade do Estado non se toman en serio nin por parte dos encargados de facelas cumprir. Igualinho que o da "lei antitabaco", que nas cafeterías ninguén cumpre nin fai cumprir.
A Constitución non dí que o Estado é aconfesional senon que o ningunha confesión terá caracter estatal. O cal non é o mesmo. Ademáis, a seguir, explica que o Estado terá en conta as crenzas relixiosas da sociedade española. Por eso, non me parece axeitado dicir que hai unha interpretación laxa da constitución, máis ben hai unha posta en práctica estricta do seu contido.
Alén diso, o tema pareceme perfeitamente inútil e irrelevante tendo en conta os tempos que corren.
Mira, alpabarda, claro que é o mesmo que ningun_a confesión tenha carácter estatal e que o estado non é confesional (aconfesional=non confesional), deixémonos de lerias. E ter en conta as crenzas da sociedade espanhola que é? Facer que na prática o estado sexa confesional, como o foi sempre?
Por outro lado, a sociedade espanhola é cada vez menos crente. Os verdadeiros crentes católicos non se miden polos que estean bautizados, nin sequera dos que casan pola Igrexa, que moitísimos o fan por puras razóns sociais e hipocrisía, ou porque "lhes fai ilusión", como se fosen nenos cun xoguete. Iso mídese pola xente que vai todos os domingos a misa (e non todos eles son realmente crentes), e iso xa sabemos que é un_a clara minoría.
A culpa de quem é?! D@s que votam no OPUS DEI!
PPSoE, co seu braço laico de (nova) extrema direita, UPyD, como curinga ("comodín" em espanhol).
Creio, depois de ler e reflexionar, que o éxito (por muito que nos pesar) de Rosa Díez pode ter a ver coa a sua camuflagem eleitoral, apresentar-se como partido "moderno" nom-vaticanista, nom-católico militante, para desenvolver o programa da Caverna Empresarial Espanhola num futuro governo co PP e/ou travar a nível político, social e eleitoral os sectores "federalistas" do PSoE; nom esqueçamos o perigo real deste neo-nacionalismo da Patronal espanhola, é a quarta força eleitoral nas anteriores eleiçons da CAG. Nom precisam enrolar nas suas listas a Pacos Vázquez, porque esse flanco já está coberto polo PPSOE.
"Atado y bien atado" só quando aprendamos deles, e as forças políticas galegas aprendam a dar-lhe ao eleitorado certa imagem de complementaridade na defesa do País na rua, de flexibilidade, de capazidade de agir unidos e nom andar sempre a pescar votos no mesmo cardume e sempre a óstias entre nós... "Juntos iremos longe, separados iremos p'ro caralho", Fraga dixit.
Espero, em definitivo, nom ouvir nunca mais numha manifestaçom "PP, PSOE, BNG, a mesma merda é".
... e os talibás católicos galheguinho-espanhóis berrarám: "PALETO, ALDEANO... LIBERTÁ, LIBERTÁ" se o Pastor Alemám dixer umhas palavras em galego-português??
Há-se ver.
Como di o novel Saramago: Estos que se nombran a se mesmos unicos verdadeiros de Deus na terra, estan moi nerviosos pois ven como un gran titanic que a IC, se esta fundindo lentamente, a moitos curas habia que cortarlle os collons, xa non se salvan moitos entre eles o irman do pastor aleman
Xeonllo
Claro que son importantes as palabras nos textos constitucionais!... se quixeran poñer confesional poríano. É intencionalmente un artigo ambiguo.
Por certo, as crenzas son as crenzas. O artigo non fala de se vas a misa, senon de en qué cres. A Iglesia non é parva e xa incorporou un conceito que colle a todos, aos que van e aos que non van a misa. Son listos de carallo.