O Consello Nacional, a petición do Encontro Irmandiño, decidirá este sábado se procede celebrar unha asemblea nacional antes das municipais. Todo apunta a que a cita se adiará até despois de maio de 2011
O Encontro Irmandiño volveu abrir o debate interno dentro do BNG: É preciso celebrar unha asemblea nacional antes das vindeiras eleccións municipais? A Executiva Nacional decidiu este luns dar luz verde para que o Consello Nacional que se celebrará en Compostela o vindeiro sábado decida se procede ou non poñerlle data xa á convención política. Salvo sorpresas, Encontro Irmandiño podería quedar só na súa petición xa que as dúas grandes tendencias do BNG ou se opoñen frontalmente ou teñen serias dúbidas sobre a oportunidade de adiantar a cita.
As razóns son ben distintas. A UPG segue firme nas súas teses de non adiantar a asemblea nacional. O partido que lidera Paco Rodríguez sostén que é preciso reforzar internamente a organización e convocar a cita para despois de maio de de 2011 (previsibelmente no outono dese ano). Aí é cando se debaterían as teses políticas e se elixiría unha nova dirección que xestionaría o último treito até as eleccións da Xunta que terán lugar en 2013.
Fontes da Unión do Povo Galego consultadas por Vieiros reiteran que o problema a curto prazo non é nomear un candidato ao Goberno: “O PSdeG non escolleu o seu. O primeiro, se se quere ter garantías, é recuperar o discurso do BNG e logo elixir un candidato co maior consenso posíbel”. Dende este partido non queren nin ouvir falar polo momento de nomes propios: “Parece que ás veces nos esquencemos que faltan tres anos para as eleccións e hai outras prioridades”. Para este partido, o Bloque está xogando bazas importantes co seu posicionamento actual en temas como o da normalización lingüística ou o da necesidade dunha caixa galega propia.
Máis BNG, a outra gran corrente do Bloque, defendeu no seu día a necesidade de definir un candidato que rematase coa “sensación de provisionalidade no liderado”. Pendentes dunha xuntanza da súa dirección que terá lugar este xoves, semella pouco probábel que os de Carlos Aymerich apoien activamente unha asemblea nacional antes dos comicios municipais. Os numerosos cargos locais cos que conta Máis BNG non están a prol de abrir unha batalla interna a poucos meses das eleccións municipais que consideran que pode “descentrar” (e mesmo dividir) a militancia local e enfeblecer a organización. A isto, súmanse outras voces que ven “moi difícil” chegar a un entendemento co Encontro Irmandiño para acudir a unha asemblea este ano.
Dende o Encontro Irmandiño subliñan que non demandan unha asemblea nacional para escoller un candidato pero estiman que si que é preciso debater a liña política de cara aos comicios locais e aproveitar para reelixir unha dirección de consenso que supere o "peche en falso" da última asemblea extraordinaria.
Todo o que sexa retrasar o debate é ir en contra da búsqueda dunha solución para a actual situación de división interna e de indefinición política. Estamos no puro continuismo do bipartito.
E os cargos municipais, claro está, non queren outra cousa que perpetuarse; cando, precisamente, o que debería producirse é unha renovación.
Resultado: Inmobilismo.
Alternativa: Pensar noutra cousa. Isto non dá máis de si.
Hai que esperar, pois funciona todo estupendamente, somos un partido eficiente na forma de actuar, moderno no uso das novas tecnoloxías para promover a participación activa, cun gran líder(Paco) e un gran títere (Guillerme), cun gran proxecto para mellorar a economía que ten aos galegos cheos de confianza e sobre todo coas persoas máis válidas á fronte por méritos propios logo de longos anos de traballo na UPG.
Ánimo, que a forza vos acompañe.
Coidado coa espuma fillotolo ... que xa che volve a saír pola boca. Ou é merda o único que sabes botar?
E pra cando os de + Bng , pensan trocar de nome,? porque a min e a moitos compañeiros xa nos estan enchendo as narices co nome. Un pouco de seriedade nesto.
Eu creo que o do nome é o de menos, o que fai falta e máis BNG e menos +bng, upg, ei, ....
Galicia precisa do bloque e o bloque precisa unidade.
Indo á nova eu creo que debería haber unha asamblea, real e non seudoasambleas con todo pactado polos distintos grupos, nos que se proponhan candidatos e a militancia ou os delegados voten. Pero pra iso os mandamases deberían estar ben caladinhos, e non creo que ningún estea pola labor de non influir e dirixir o voto da militáncia.
O meu jeito de enxergar, como simples votante. Por se lhe servir a alguém.
Não sou nacionalista como o meu nick indica. No entanto, obrigado sempre a escolher eleitoralmente entre dous nacionalismos, um deles destruidor e ofensivo (até com fases genocidas de 1936 ao 1975), e um outro construtor e defensivo, sempre optei por este último, ainda com todas as suas carências e limitações.
Pode ser interessante uma assembleia do BNG antes do 2011, mas no sentido de fazer mais visível e clara a alternativa de governo.
Cada dia comparto mais o pressentimento de que as circunstâncias vão forçar a queda do governo Feijóo nos próximos meses, pois a sua mínima maioria parlamentar junto às suas erráticas, ultranacionalistas e ressessas políticas estão a dar com que outros membros do PPdG estejam pensando tentar a sua sorte.
Nesse cenário, o BNG, como qualquer outra força política, deveria entrar com a sua melhor cara e os seus melhores enfeites, a jogar o jogo da sedução na venda da sua mercadoria política.
Outras forças e colectivos, ajam como melhor puderem ou souberem.
Atentamente, desejo a vocês que desfrutem duma boa primavera.
o bng nesita de unha vez "LISTAS ABERTAS" estamos fora da realida do pais.Se queremos democracia pos demais antes temola que ter na nosa casa
Faltan aínda tres anos de Feijoada, pero certamente, a elección dun candidato canto antes é necesaria. O BNG, que non se gaba precisamente de medios ao seu favor, necesita unha imaxe clara e visíbel, o máis carismática que se poida, e que poida tamén callar no electorado. Todas características que certamente non reúne entre as súas virtudes Guillerme Vázquez. É entendíbel tamén que non se queira 'queimar' xa ao candidato cun previsíbel morno ou mal resultado nas eleccións que xa nos veñen enriba: as municipais.
Que tal se nos devolvven a ilusión? Iso pasa por unha asemblea e por escoller unha cara visíbel, un candidato ou candidata (eu aposto por unha muller)? Pois se pasa hai que facelo xa e deixarse desta indefinición continua e deste mal voceiro a efectos de proxección pública e transmisión de ilusión.
Tamén non estaría mal que o BNG fixese algunha vez unha asemblea política, non exclusivamente para repartir influencias, como é habitual.
Non meus vellos non. Á UPG chegalle un bloco cos que hai. Ao pasar de 50 xa é dificil pasar lista, a xente non está controlada e iso é un problema. Non vale... Unha tolemia colonizadora máis.
Se ao final, cunhos cuantos para monopolizar o debate lingüistico, outros poucos para berrar viva Cuba libre, algunha ocurrencia de vez en cando do Señorito da Reboraina, as epístolas do Gran Bautista e os bombos da CIG xa é demais.
Os órganos de dirección cheos de asalariados da UPG e do sindicalismo obreiro encargado de transitar hacia o reinvidicacionismo. Todos eles ben pagados e chegando ao posto reivindicador aló polas 10 e media ou as 11.
Os teléfonos da CIG-ENSINO en ristre para gañar as votacións no BNG, principal cometido revolucionario deste sindicato a dia de hoxe comandado por San Louzao o anxiño avisador.
Por certo os de más BNG non vos enterades da misa a medias!!!.
É esta, polo tanto, unha organización moderna, eficaz e de futuro. Trasparente, e sobre todo democrática, moi democrática, exemplar.
Que carallo de asembleas, novos líderes que podan pensar por sí. Qué perigo meu paquiño!!!. Isto seria a apocalipse...
Ánimo Gillermo que son nosos!!!.
Ei carballeira!!! mecago en sandiola.
Eu fago própria a asseveraçom: "GZ precisa BNG, e BNG precisa GZ", além de sermos votantes de BNG, NóS-UP ou FPG, acho que a crítica marxista nom consiste em botar merda sobre a UPG ou sobre qualquer outra corrente desta Frente política (nem de dentro da organizaçom nem de fóra) que decidiu ter o seu campo de batalha dentro do marco jurídico-político imposto polo Reino de Espanha.
Cuido que o que mais se acha de menos na esquerda deste país som pontes entre as diferentes organizaçons, se queremos @s galeg@s ter, algum dia, a possibilidade de decidirmos sobre o nosso território, sobre a forma de organizarmo-nos politicamente, de expressarmo-nos culturalmente e de estabelecermos as relaçons internacionais que nos proponhamos, seria necessário dar umha imagem séria de possibilidade de interlocuçom.
O resto, segundo eu o vejo, é puro desabafo neurótico, desmobilizador do eleitorado galego e, portanto, limitador das nossas potencialidades como povo, que nem benefícia ao BNG, nem à esquerda soberanista extra-parlamentar... e assim vai o país desde o 1 de março passado.
Acho que o BNG fará o que lhe pete, mas penso que deveria designar já um candidato e projeta-lo.
Guilherme pode ser muito bom, mas penso que nom vai apanhar votos, tem uma capacidade de exercer o liderança nacional liliputiana, e conecta com a gente, só fazendo corta-circuitos.
Eu quero que o nacionalismo tenha votos, o nacionalismo tudo.
beijos Laurinha
o que necesita o bng e non ter tanta xente que vive no seu loft mental e non é capaz de asumir a realidade interna, o que non pode ser que as corrente minoritarias cando as cousas non saen da sua man se poñan a bombardear na prensa estatalista toda canta pequenez lle pasa pola cabeza cargada de xenreira e envexa, o que non pode ser que un señor e 10 amigos vaian de victima ante o suposto aparato interno pesie non representar a ninguen...sen lealdade non hai democracia perdemos a ilusion pq ai xente que ao non gañar enmerda a decision da maioria da militancia, xa estamos fartos... queremos traballar cara fora e non mirarnos o embigo... ten que haber debate interno pero se perdes unha votación tes que ser constructivo non dicer que como non gañei o bng está nunha situacion de interinidade... non gañei, enton ainda que o bng leve clara e publica unha opiñon despois do debate interno eu diga o que me da a gana porque son moi jipi e me preocupa o foro social de macao, ou como me paga un banco o chiringuito feito a medida vou en contra do que diga a frente...
menos rancor mais lealdade... e senon xa saben... por aí din que o futuro esta nun chiringuito novo social democrata...que o disfruten!!
"Aire fresco e leña seca e o que necesita a locomotora para tirar firmemente para diante e cada vez con máis forza botando o mínimo de fume"
O que pretendo dicir é que a renovación de caras (aire fresco) é necesaria pero sempre sen perder a esencia (leña seca) que nos permite dar vida e ilusión a un pobo necesitado dunha forza política que mire polo seu verdadeiro interese.Non caer no xogo da mala popularidade é fundamental para adquirir credibilidade na cidadanía. Este mesmo pobo está canso de moitas apariencias e maquillaxes que se venden por medio dunha política virtual sen práxe real. Non caer neste lama reflotaría a organización.
godelhofresco o que hai que facer e sair a rúa a falar coa xente que non nos vota, e non escribir cartas ou largar nos foros contra os compañeiros.
Sempre os mesmos argumentos, sempre o peixe que morde a cola...e así estamos dende sempre.
Non hai BNG xa que parece que o enemigo está en sí mesmo.
Menos crítica interna e máis traballar para o pobo.
Os que votamos BNG estámonos a fartar por vosoutros mesmos, máis que pola leal oposición PSOE e PP.
Así nos vai.
Con todos os meus respectos a todas, e todos.
Dentro dunha fronte, poden e deben acougar diversas opinións, e non hai que apartar a algúns dos seus criterios, pois atender aos demáis....é ser auténticamente demócratas.
Ninguén e pusuidor da verdade absoluta.
A leña seca e a leña verde, toda é bóa, aínda que a leña verde, fai dabondo moito fume.
O que si hai que manter, e afondar MOITO, é nas opinións que teñen senso, e non marxinar as, os, compañeiras, compañeiros, que pensan, expoñen e defenden, as súas opinións, e as súas ideas, polo ben do conxunto.
Un pouquiño máis de control, porque todas e todos, somos precisas e precisos.