Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O PRESIDENTE DEPOSTO DE HONDURAS

Zelaya é o novo coordenador do Consello Político de Petrocaribe

O presidente deposto de Honduras, Manuel Zelaya, foi designado polo Goberno revolucionario de Venezuela coordenador-xefe do Consello Político de Petrocaribe para todos os procesos de fortalecemento da independencia política e a defensa da democracia popular no Caribe e Latinoamérica.

Xurxo Martínez Crespo - 15:12 09/03/2010

Petrocaribe é unha alianza estratéxica creada o 25 de xuño de 2005 que subministra petróleo venezuelano, a prezos preferenciais,  a todos os Estados asinantes do Acordo que son: Antigua and Barbuda, Bahamas, Belize, Cuba, Dominicana, Grenada, Guyana, Honduras, Xamaica, Surinam, Santa Lucía, Saint Kitts and Nevis e Saint Vincent and the Grenadines, só Barbados e Trindade e Tobago non asinaron o acordo e Honduras está suspendida na súa membresía polo golpe de Estado contra o presidente lexítimo Manuel Zelaya.

O ministro de RR.EE. de Venezuela, Nicolás Maduro, deu a nova do nomeamento de Zelaya para o cargo. Maduro declarou que o nomeamento é resultado das conversas do presidente venezuelano, Hugo Chávez, co presidente desposto de Honduras Manuel Zelaya:  "decidiuse a constitución dun Consello Político para a defensa da independencia e a democracia no continente de Petrocaribe", declarou o ministro..

Petrocaribe: algo máis que venda de petróleo

Petrocaribe nace por iniciativa do Goberno Revolucionario Bolivariano para estabelecer mecanismos solidarios que axuden á transferencia de recursos enerxéticos e hidrocarburos a países da rexión nun esquema de intercambio favorábel, equitativo e xusto para preservar a soberanía dos pequenos Estados do Caribe e a súa independencia.


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (2)

COUTOVEN #1 10/Marzo/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



COUTOVEN #2 16/Marzo/2010 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: