O xornal estadounidense The New York Times analiza nunha reportaxe publicada esta quinta feira o contexto que rodea a nova lei cinematográfica de Cataluña.
O xornal estadounidense The New York Times analiza nunha reportaxe publicada esta quinta feira o contexto que rodea a nova lei cinematográfica de Cataluña, que procura a promoción da dobraxe dos filmes estranxeiros ao catalán estabelecendo unha cota mínima anual.
En Galiza non existe obriga ningunha de dobrar ao galego. A oferta cinematográfica na nosa lingua é aínda moi cativa, tal e como se mostra nesta web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde se detallan os títulos con versión galega.
Entre as claves que se ofrecen para explicar as reticencias, o rotativo destaca as palabras do secretario xeral da Federación Catalá de Produtores Audiovisuais, Joan Antoni González.
Asegura que as majors (a media ducia de estudos de cine estadounidenses que dominan a industria cinematográfica global) temen un efecto en cadea. "Teñen medo de que Galiza ou o País Vasco, ou mesmo a Bretaña e Córsega, puidesen ser as próximas", di.
Singela soluçom, só filmes legendados, em Versom original, agás para os raparigos isses em galego.
eu penso que é un erro o exemplo catalán, exixir a traducción e basearse no primitivo castelán de unha língua forte e grande, as películas ou series en versión orixinal son moitísimo mellores, e imposíbel para un tradutor por moi bo que sexa imitar a perfeción a un profesional, porén eu digo NON a trudución ao galego, e SÍ aos subtítulos en galego.
P.D: obviamente aos cativos traduciríalles as películas e debuxos animados co fin de que escoiten de cativos 0-5 anos a súa língua materna, pero dende o meu punto de vista non máis.
Sen dúbida: dobraxe só para os cativos, e pola simple razón de non saberen ler aínda (aquí nota ben chistosa: a decisión do noso novo des-goberno de pasar Teletubbies en v.o. porén con subtítulos en galego... para meniños de 2 anos!!). Para todos os demais, versións orixinais sempre!
Eu nestes casos diria, olhem, para nós enviem as mesmas que vendem em Brasil ou ainda Portugal...
Versión orixinal xa que logo, mas non teman, hoxe por hoxe no Goberniño desgobernador ninguén vai pedir cotas de traducción ó galego!
Estou dacordo con todos bos, o cinema debe ir en versión orixinal salvo a programación infantil que debe ser 100% en galego.
AH!! E ademais po conglomerado monopolistico de cinema americano, aplicariallelo articulo 58 da lei audiovisual Francesa.
- Obligatorio o 60% do cine en TV ou cines, de CINEMA EUROPEO, e deste un minimo do 40% de cinema galego (non "en" galego) ou 50/50 galego-ejpañol.
- E o restante 40% de cinema americano en versión orixinal.
Que tal!?
Ti si que metes medo, condenado.
O que temem as produtoras (iaquis quase todas) é que exita uma política cultural que facilite a distribuição de filmes vernáculos fronte do «Entertainment» capitalista e a gente goste mais do cinema que da merda comercial, como acontece na França. Entretenimento vs. Cultura. Esse é o problema.
Os costes de dublagem são perfeitamente assumíveis, o que não é tanto é que ganhem espaço filmes não dublados por não precisarem...
Eu tenho medo de que os subtítulos sexan en ferrol-ano...
(Dr. No, 1962)
«My Name is Bond, James Bond»
Me chamome inmundo, Rain mundo
(Star Wars,1980)
«Luke, I am your father»
Federico, soy teu pai
(Wizard of Oz,1939)
«Totó, I’ve got a feeling we’re not in Kansas anymore»
Feijóo, parece que nolo estamos en El Ferrol mais
Peliculas dobradas ao galego, xa!
penículas (chamadas flins) em raimundês xa ...
... pro atlantico, que pratique bem o seu galenhol-ra-imundês, que é o unico que sabe
#16
o ferrolano nom existe, torda, existe o ra imundês, e nom falado, que nunca se falou, mas apenas legendado ... a menos que te ponhas ti agora a gravar todas as voces ... igual o atlantico e os outros parvos botam-che umha mao ...
Claro Raimundo..claro... en Ferrol, en ferrolano, en Madrid en Madrileño, o "eghque que va ser esto guapo", en Sevilla, en sevillano "xiquilho aqui en zevillano!", en Murcia en murciano, en Burgos en burgalés... se é que o Castelán non existe Raimundo!!!.
Estou contigo Raimundo..non queremos castelán, queremos lingua madrileña, burgalesa, gaditana, rioxana, etc.., cada pobo cada cidade co seu dialecto románico! o castelán/español non existe! Abolizón nos cines españois XA!