ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

O “erro” de Vilariño de Conso

17:36 03/02/2010

Sucede que en ocasións non hai maior cego, que o que non quere ver. A dirección do PPdeG tenta vender mediaticamente o rexeite ao borrador do decreto do galego, coma un erro dun alcalde e concelleiros do partido “indocumentados”, e polo tanto, non aptos para emitir en liberdade un xuízo de valor, sobre un decreto que remitíndonos aos feitos, evidentemente non comparten.

O “erro” de Vilariño de Conso, pode chegar a ser tan famoso como aquel estraño caso que tan ben relatara Camilo José Cela no tardofranquismo, do “Cipote de Archidona” se fixeramos caso da valoración da dirección galega do partido a tamaña rebeldía ourensán. Os que temen unha revolución galeguista no Partido Popular, comezando por este digno concello ourensán, non deben temer a aquelas persoas e institucións que amosan un compromiso galeguista firme na defensa da nosa cultura, senón apoialo en sinal de respecto á historia desa organización en Galicia. O portavoz do PPdeG, na súa enfermiza obsesión de asemellarse ao papel que desempeñaba Xaime Pita noutros tempos, sae a palestra para defender o indefendible ao respecto da toma de posición dun Concello soberano. Rodríguez Miranda debe aplicar nas súas declaracións a recomendación destes días do Presidente Feijóo do “manual do home sensato”, para non rematar sendo algún día próximo –dito sexa con todo o respecto-, un potencial personaxe do “Celebrities” do programa televisivo “Muchachada Nui”,  máis que un representante da militancia do partido co que en ocasións disentimos das súas proclamas.

A valentía dos populares de Vilariño de Conso non é máis que o reflexo do que pensan outros alcaldes, deputados e militantes, que non saen aos medios por temor a perder moito máis do que poidan gañar. Hai un movemento claro de galeguismo no PPdeG máis activo ca nunca ao que non lle gusta que un partido que nos seus estatutos se autodefine como “galeguista” poida dar un só paso atrás na defensa e implantación do noso idioma. Somos herdeiros da tradición galeguista de Risco, e ao mesmo tempo, dende posicións críticas nesta teima, leais co Presidente do partido, ao que respectamos por riba de diferencias que cando son deste calado non poden ser consideradas puntuais. Dicía Napoleón que el o que quería eran xenerais con sorte. As veces dá a sensación que esa fortuna abandona a aqueles que están na comodidade de non buscala, por estar seguros que o devir dos tempos seralle favorable, utilizando a vella táctica “marianista” de mirar cara outro lado e agardar que escampe. Asemade non perdemos o tempo en rebater as críticas que chegan por opinar nun dixital de suposto corte nacionalista como “Vieiros”, no que só atopei liberdade para dicir o que quero, e xente comprometida con Galicia, aínda que algúns lle chamen Galiza.

Aos que din dende o anonimato que só “causamos problemas”, dicirlle que eu a iso chámolle decencia e coherencia. E aínda que algúns consideren que é doado facer proclamas estando supostamente no cumio da pirámide de necesidades de Maslow, -que tan ben relata o compañeiro Marcelino Fernández Mallo no seu espléndido libro “Klásicos”-,  non pararemos de dicir que coa cultura deste pobo non se xoga, e reclamar o dereito a disentir sendo fieis a unha estructura coa que nun momento dado podemos non compartir determinadas cuestións.

Ou non?

Uns apuntamentos.

-Parabéns ao bispo Quinteiro polo seu nomeamento como responsable da sede de Tui-Vigo. As miñas longas conversas con el, fan que poida afirmar que é un auténtico galeguista.

-Tanto Xosé Blanco como Francisco Caamaño son dous ministros dos que os galegos podemos estar orgullosos por riba de diferencias políticas.

-Algúns dirixentes socialistas critican abertamente o que aconteceu no congreso popular de Ourense, mentres non queren ver o que sucede na súa propia organización.

- En Ourense gañou quen quixo a militancia, guste máis ou menos a Tirios e Troianos.

4,79/5 (116 votos)


Comentarios (46)

simplementeego #1 3/Febreiro/2010 simplementeego
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Cando Sr. Cuínha ten razón hai que darlla. Tivo que ser un concello gobernado polo PP o primeiro deste país en saír á palestra e denunciar os ataques que está a sufrir a lingua. Todo un exemplo para o desnortado nacionalismo galego que está no medio do caminho sen saber a onde ir... E é que eu creo que hai máis nacionalisras, conservadores sí mais nacionalistas, na boina ca no bng.
O problema é q a boina adoece do mesmo que o pais enteiro: a súa morte polo postmodernismo uniformalizador. A galiza e a súa lingua: unha cuestión social.

Roxos #2 3/Febreiro/2010 Roxos
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Tanto a Espinosa como a Salgado son dúas ministras das que os galegos podemos estar avergoñados por riba de diferencias políticas.

lourentia #3 3/Febreiro/2010 lourentia
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Señor Cuíña, a vostede aínda non o expulsaron do PP? Halle faltar pouco

verino #4 3/Febreiro/2010 verino
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Simplementeego, mira unha cousa nada máis, sabes quén presentou a iniciativa en Vilariño de Conso e noutros concellos nos que aínda non se debateu, sábelo non. Veremos en cantos concellos dos moitos que gobernan, os teus " galeguistas " do PP, eles mesmos presentan unha iniciativa similar.

zarrulheiro #5 3/Febreiro/2010 zarrulheiro
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#4 OK...e olharemos, quando o decreto chegue ao parlamento, o que votam esses deputados "galeguistas". Aí (e não em depoimentos à imprensa que depois se matizam, se contradizem, etc) será quando se veja até onde chega o "galeguismo".

pedrochosco #6 3/Febreiro/2010 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

"A cuarta forza":http://www.galiciaconfidencial...

tranqui #7 3/Febreiro/2010 tranqui
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O triste é que despois de aguantar os da boina haxa que aguantar os do birrete, eu non sei que é mellor si un gángster ó estilo Al Capone ou Mendez e Gayoso. É verdade que e os primeiros eran máis nosos, formaban parte da nosa paisaxe, de todo o malo que ten (que tamén hai) o noso fermoso país.

PARDO_DE_CELA #8 3/Febreiro/2010 PARDO_DE_CELA
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

O unicó que sei é que chove de abondo. Estamos en emerxencia nazional. Non só a lingua, as Caixas tamen, e a casa sen varrer. De seguir por este rego, Galiza para sempre, quedará como terra de maleteiros.
Pedrochosco, porsuposto que fai falla unha carta forza, que tiño moi claro, que sería a primeira. si Cuiña e moitos outros quiseran (nazionalistas do BNG). Non é así na Catalunya?. Unió non é un proxecto Democrata Cristian e converxencia un partido de centro esquerda?. Esta moi ben o proxecto de converxenxia XXI, pero deixar de facer castelos no aer. Por mais que quera eu, non vexo mais que a fotografía do Lider, na vosa paxina web. Que pasa, que agora no voso proxecto político hay idolatría ao lider como no comunismo?. Mais seriedade, por favor.

mansdodemo #9 3/Febreiro/2010 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Están moi ben as túas reflexións políticas nesta nosa actualidade.
O concello de Vilariño de Conxo fixo o que debía facer calquer concello honesto, defender o NOSO IDIOMA.
Eu penso que no PP, hai algúns galeguistas, máis carecen de forza para defender o que debían. Son débiles, frouxos, teñen medo a perder o seu "status", a súa posición dentro do partido, e non se decatan que calando.....fican peor.
Os "dóberman", os cans que ladran moito para non deixar escoitar, para aterrar as opinións sensatas(antes o Pita, agora o Rodriguez Miranda), teñen o nivel que mostran, nada máis.
O bispo Quinteiro sùpoño que algo fará pola igrexia galega, e terá moito que traballar neste senso.
E referente aos sociatas, o mellor é o Caamaño pola súa valía e polo seu galeguismo.
A verdade é que sempre criticamos a palla no ollo alleo, e non vemos a trabe no noso. Somos humanos e erramos.
Ou non?.

aovellaquemira #10 3/Febreiro/2010 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Bom, como escritor de artigos está-se consagrando. Além dessa atividade já não sei se os méritos são comparáveis.

Quando citou Risco (o Risco político) veio-me à cabeça o Risco linguístico nas palavras do Presidente da AGLP (minuto 1:10):
http://www.youtube.com/watch?v...


Ps. O outro dia deram-me um broche de Pro-Lingua no Obradoiro.

Nambuangongo #11 4/Febreiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Galiza...quero dizer a Comunidade de Vizinhos da Galiza... precissa de políticos galeguistas como você!

Ó capitão! meu Capitão!

Ó capitão! meu Capitão! Finda é a temível jornada,
Vencida cada tormenta, a busca foi laureada.
o porto é ali, os sinos ouvi, exulta o povo inteiro,
Com o olhar na quilha estanque do vaso ousado e austero.
Mas ó coração, coração!
O sangue mancha o navio,
No convés, meu Capitão
Vai caído, morto e frio.

Ó Capitão! meu Capitão! Ergue-te ao dobre dos sinos;
Por ti se agita o pendão e os clarins tocam teus hinos.
Por ti buquês, guirlandas...Multidões as praias lotam,
Teu nome é o que elas clamam; para ti os olhos voltam,
Capitão, meu querido pai,
Dormes no braço macio...
É meu sonho que ao convés
Vais caído, morto e frio.

Ah! Meu Capitão não fala, foi do lábio o sopro expulso...
Da nau acorada e ilesa, a jornada é concluída.
E lá vem ela em triundo da jornada antes temida.
Povo, exulta! Sino, dobra!
Mas meu passo é tão sombrio...
No convés meu Capitão
Vai caído, morto e frio.

Ó capitão! meu Capitão !


Ou não?

Nambuangongo #12 4/Febreiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Uns apontamentos:

- Certamente há um bispo que defende a morte uma matéria em galego: a de Religião.

- O orgulho de termos ministros «galegos» trabalhando contra os galegos é exclussivo do PP e PSOE. Falem só em nome de vocês mesmos.

- Certamente no PSOE não têm nada para criticar. Que o caciquismo contamine os congressos búlgaros acontece tanto no PP como nas melhores baronias.

- «En Ourense gañou quen quixo a militancia». E onde está a diferença?

aovellaquemira #13 4/Febreiro/2010 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#11, #12
Mas a prosa é bastante boa, ou não?

KdL #14 4/Febreiro/2010 KdL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Sen dúbida algunha, vostede é o político de dereitas máis querido polos "rojos" que pululan pola internete.

Siga escribindo.

:)

Cobillon #15 4/Febreiro/2010 Cobillon
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Gustaríame saber nomes e apelidos diso que di Cuíña "hai un movemento claro de galeguismo no PPdeG". Onde está ese galeguismo? É máis que nomes e apelidos son galeguistas e discrepan do decretazo? Creo que aí o argumento do Sr. Cuíña erra.

Outra cousa, tamén discrepo con vostede do tema do Sr. Luis Quinteiro. El ten certa simpatía hacia o enxebrismo pero non é certamente galeguista. Acaso dixo algo da lingua galega na liturxia? Dixo algo do intento de condena a Queiruga? Lembremos a un señor que marchou de Galicia sendo Uxío Romero Pose (Monseñor Romero) e acabou sendo Eugenio Romero Pose en Madrid.

nekelo #16 4/Febreiro/2010 nekelo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O bispo Quinteiro galegista? Ja,ja,ja...Non home, é PPista, que é ben distinto.Ese con tal de estar arrimado o poder politico e eclesiastico fai calquera cousa. E o galeguismo do PP dame a risa. Ja,ja,ja...

pedrochosco #17 4/Febreiro/2010 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está ben pardo de cela, xa sei que :" Por mais que quera eu, non vexo mais que a fotografía do Lider".Moi galego criticar sen coñecer ò proxecto,poñerse de costas en vez de arrimar o hombro, mais eu non veño aquì MONTAR BRONCA, e poderia falar aqui de situaciòn de outro partidos pois algo sei, se non a informar a quen queira somente.E penso que a un proxecto que leva 9 mese de vida pouco mais se lle pode pedir.En converxencia non "adoramos a ninguen" senon que apoiamos ò noso lider.
http://www.facebook.com/conver...
http://www.facebook.com/galide...

Xarope #18 4/Febreiro/2010 Xarope
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E que demoram entom os galeguistas do PP (se é que os houver) a sair "en tromba" a defender os seus companheiros de Vilarinho de Conso??

Até o de agora acho que o único que piou foi você ...

Sr_J #19 4/Febreiro/2010 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

"Tanto Xosé Blanco como Francisco Caamaño son dous ministros dos que os galegos podemos estar orgullosos por riba de diferencias políticas"

Orgulhosos do Pepinho?? Home, por favor... era o que faltava!!

"Pepe Blanco dice hablar castellano por rebelión a las imposiciones"
http://www.lavozdegalicia.es/p...

E o bispo esse... será tão galeguista como o Pepinho, ou não chega a tanto?

O-APALPADOR #20 4/Febreiro/2010 O-APALPADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Moi ben Rafa. Dá gosto ler as tuas analises.

simplementeego #21 4/Febreiro/2010 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 douche a razón en que foi o bng o que propuxo a mocion en contra do decreto do plurilinguismo, sí, máis foi nun concello do pp onde prosperou cousa que en concellos gobernados en maioria absoluta polo bng estas mocións non se están a producir, nin noutros onde o bng goberna en coalición co psoe. O nacionalismo institucional e o bng están totalmente desnortados e sen determinación nun momento decisivo na defensa do idioma. Tal caso é o do alcalde de Monforte, o sr. Severino Rodriguez, que goberna a cidade con maioría absoluta e non se lle ocorreu mellor cousa que proclamar que "se cadra nos pasamos na defensa da lingua (durante o goberno do bipartito)" e que por iso se perderon as eleccións. O concello de Monforte foi criticado no seu momento pola MESA por ser totalmente inactivo en materia de normalización linguistica entre outras, e ademáis coñezo casos de subvencións por parte deste goberno en MAIORIA ABSOLUTA DO BNG a colectivos claramente españolistas e galegófobos. Outras perlas se dan nestes días en que este alcalde se negou rotundamente a prohibir as touradas na cidade e moitas outras perlas. Este home sabemos por onde respira, +BNG, e é entre moitos outros responsable da debacle na que está sumido o bloque e da que parece que con xente así nin moito menos vai mellorar.
E reiteroo, hai máis nacionalistas na boina ca no BNG, e o idioma non é unha cuestión partidista, nin eu estou a ser partidista, pois nada máis lonxe de min está que o PPdeG e os "galeguistas" coma este articulista.

mansdodemo #22 4/Febreiro/2010 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O único concelleiro do PP de Cerceda, non quixo votar en contra da moción presentada polo grupo socialista e apoiada polos nacionalistas, para instar a Xunta a retirar as bases do decreto da língua no ensino non universitario. O 28 de Xaneiro, durante o debate en pleno, da moción, o conselleiro popular asegurou que "se Franco non arrincou a língua deste país en corenta anos, menos o fará Feixóo".
¿Que ocorre no PP?.
¿Non hai valentía, non hai coraxe para poñer freo ao decreto sobre o idioma noso?.
¿Hai medo?.......
Ou non?.

Con todo o meu respecto para tí, Rafa Cuiña.

(Perdoade polo de Conxo que é Conso, no - 9. cortaron a primeira mensaxe.....e na segunda, ficou ese erro.

Tino #23 5/Febreiro/2010 Tino
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Sen embarbo estes galegistas do PP nunca puideron facer nada positivo cara o galego durante vinte anos de governo: os falantes en galego seguiron baixando vertixinosamente, e o odio mais enfermizo contra o galego está nas bandas do PP maiormente (e algo tamén, ainda q con menos forza no PPsoe).

Pallarego #24 5/Febreiro/2010 Pallarego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Grazas pola mención, compañeiro.

PARDO_DE_CELA #25 5/Febreiro/2010 PARDO_DE_CELA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pedochosco. Si coñozo o voso proxecto político. E pareceme ben. Non fago peros del. Pero por mais que o vexo, non vexo mais que o de sempre. Un partido Galeguista dos moitos que fixeron na Galiza. Non vexo solidez. O sinto, xa gustaríame a min unha resposta aos nosos problemas, penso que a única soluzón para Galiza.

joseantonio #26 5/Febreiro/2010 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sumádelle a abstención do concelleiro do PP en Cerceda. Xa vai rodando a bola...A lingua non morre por decreto se nos queremos galego.

fredo #27 5/Febreiro/2010 fredo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Rafael Cuiña Aparicio - Membro da plataforma Prolingua
"Hai seudoelites que, disfrazadas de bilingüistas, queren marxinar a lingua"
"Buscan unha liberdade que conseguiría que a nosa sociedade fose analfabeta en galego"
ALFONSO LOÑO - LALÍN A plataforma Prolingua presenta hoxe, ás 20.30 horas no museo de Lalín, o libro “55 mentiras sobre a lingua galega”. Simultaneamente, darase a coñecer noutras sesenta localidades galegas e españolas ou en países como os Estados Unidos, Irlanda, Bosnia ou Alemaña. O empresario local e membro deste coletivo Rafael Cuiña participará neste acto, no que tamén estarán Luz Méndez e Alberto Granja, onde reflexionarán sobre a situación do idioma, tomando como referencia o chamado “decreto do galego”, que promove o goberno autonómico.

–Por qué nace Prolingua e cales foron os seus obxectivos fundacionais?

–Prolingua é unha asociación apartidista que defende a lingua galega, nun intre no que existe unha alarma social orixinada polo chamado borrador do decreto galego. Persoas de todo tipo de condición social e ideolóxica decidiron crear unha plataforma que o único que pide é que non se dean pasos atrás na defensa da nosa identidade como pobo e da nosa lingua como elemento cultural imprescindible.

–Foron capaces de espertar unha conciencia crítica cidadá sobre o novo modelo lingüístico que promove a Xunta?

–É máis que evidente. Estamos vendo a milleiros de personas na rúa defendendo o seu idoma. Hainos que saen para criticar ao goberno e tamén, coma no meu caso, saímos en defensa da nosa cultura e non contra ninguén.

–Houbo contactos entre esta ou outra plataforma e a Xunta para acadar unha proposta que satisfaga ás dúas partes? E, pensa, como se apunta desde algúns foros, que o decreto do galego non sairá adiante por, entre outras cousas, vulnerar o Estatuto de Autonomía de Galicia?

–As posturas están moi enfrontadas. A Secretaría Xeral de Política Lingüística mantivo reunións con coletivos entre os que non me consta que estea “Queremos Galego” e, por suposto, non estivo Prolingua. Tiven conversas con responsables políticos galegos para tentar mediar con algunha plataforma, pero ao estar tan enfrontadas as posturas, tristemente non houbo ningún tipo de encontro. Sobre a segunda cuestión tamén hai que ter en conta resolucións do Tribunal Supremo. Teño a esperanza de que o goberno se dea conta do que está pasando e recúe, aínda que as últimas afirmacións desde a Xunta xa falan de novo do 50% para cada idioma. Son partidario de que haxa unha discriminación positiva cara o galego, porque parte dunha situación de inferioridade.

–Estima que existe unha unanimidade no seo do seu partido que promove o decreto?

–Son militante e estou dicindo o que estou dicindo... Tiven conversas con alcaldes ou militantes e, por motivos que se poden entender, non están dispostos a sair á palestra con este tema, aínda que hai concellos que se amosaron en contra. O PP de Ourense manifestouse en contra das teses de Galicia Bilingüe, que apoia outro sector do PP. Ao ser un partido interclasista tan amplo hai opinións distintas sobre un mesmo tema.

–Moitos galegofalantes son votantes do partido que promove esta reforma...

–Iso amosa que o debate sobre a lingua nunca existíu. Moitos militantes do PP son os auténticos bilingües, fronte ao que sempre chamo as seudoelites das cidades, acomplexadas co noso idioma que o queren por nunha situación de inferioridade e só para momentos folclóricos. Queren que o castelán sexa a lingua predominante, disfrazándose de bilingüistas para marxinar ao galego, na búsqueda dunha liberdade que conseguiría que a nosa sociedade fose case que analfabeta en galego. O galego non será un idioma residual. Ao longo da historia pasamos por momentos moito máis escuros. Se o franquismo noi puido co idioma, isto non vai a ocorrer nun período democrático.

–Cál debe ser o camiño para que isto non ocorra?

–Respectar o consenso lingüistico que se acadou no parlamento. Hai temas coma este que deben de estar por riba de consideracións políticas.

–Vostede tense posicionado publicamente sobre este asunto. Se existe de verdade unha corrente
galeguista dentro do PP, onde están os seus referentes?

–Só reclamo ao PPdeG que respecte a tradición dun partido, cun grande sentido galeguista, como recollen os seus estatutos, e cunha visión de Galicia como un ente diferenciado, complementario e nunca excluínte. Creo que é máis que evidente que existe. Os seus referentes están tapados. pero ata que deixen de estalo. Todos sabemos quen son, maniféstense máis ou menos; eu son galeguista, diría que profundamente galeguista.

–En qué mudou o PPdeG nos últimos anos?

–Entrou unha nova xeración de políticos polos que teño un grande respecto. Respecto moito ao seu presidente Feijóo, co que teño unha boa relación, pero este PP sí é diferente ao da etapa Fraga. Iso ten cousas boas e malas. As miñas discrepancias co PPdG son nalgúns aspectos e a miña relación co partido parte dunha base sentimental, pero coñezo xente que sei que quere a esta terra.

–Existe un espazo para unha cuarta forza política nacionalista en Galicia?

–Falando con José Luis Barreiro dicíame que non, porque o centro-dereita galeguista ao que se fai referencia ten difuminado o voto entre o PP, o PSOE e, en menor medida, o BNG. Sociolóxicamente esa base existe e hai empresarios que valorarían este proxecto, pero o que vai pasar decidirao o futuro. Se cadra vai depender da deriva españolista do PPdG ou mesmo do PSOE. Admiro, por exemplo, ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, polos seus posicionamentos. Agardo que o PPdeG teña, precisamente, a forza suficiente para que non sexa necesaria esa cuarta forza.

Gaviotero #28 5/Febreiro/2010 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



XAA #29 6/Febreiro/2010 XAA
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Algúns farían ben en defender o noso patrimonio cultural, a riqueza lingüística de España e deixar de vivir acomplexados eles mesmos. Para algúns a liberdade lingüística é unha galicia monolingüe, claro que non se decatan de que os seus propios complexos van facer que esquezan tamén o castelán e acaben "falando inghlés ninghén me entende" ou se cadra en "chino mandarín" claro que eses defensores da liberdade lingüística non son quen de aprender a súa propia lingua por complexo, ou se cadra non son quen de respectar a lingua propia dunha nacionalidade histórica cando se trasladan a vivir nela, teñen medo a enriquecerse pero non teñen medo a vivir asoballados polo imperialismo lingüístico anglosaxón. Fariamos ben en potenciar todas as nosas linguas oficiais no estranxeiro e deixar de ter medo a expresarnos nelas nos foros internacionais que eu saiba ningúen di nada cando se fala en francés ou alemán en presencia dun inglés, algúns séntense avergoñados porque os nosos representantes se expresan na lingua da lírica medieval, de Pondal, de Rosalia, de Cervantes, preferirían que o fixesen nun dialecto inglés tal como o geordie. Por iso están a potenciar un novo dialecto do inglés no noso territorio. Pero xa di o refrán que a ignorancia é moi atrevida.
Foron tempos difíciles os que se andaron no pasado e tamén na recente historia política da nosa democracia cando homes e mulleres se comprometeron coa lingua, e agora uns cantos iluminados que ven perigar, segundo eles, o castelán están a estragar o traballo de moita xente ben cualificada que traballou a esgallo e de botar por terra as arelas dun pobo por uns milleiros de votos. Espero que quede ben claro na historia o papel que representaron nesta nova xeira estes señores e que o pobo galego saiba darlles unha lección de democracia en breve.

Saúdos aos que saben respectar e conservar o herdo dos nosos devanceiros.

Tome #30 6/Febreiro/2010 Tome
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero eres un paspan 100%. En Galicia hai que saber as duas linguas oficias. E si é posible o English. O que non pode ser, e ser monolingue de Castelan. Haber se viaxas un pouco mais provinciano disfrazado de modernillo. E ten cuidado que un Alcon non te coma(Gaviota peideira).

Tome #31 6/Febreiro/2010 Tome
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero eu son Nacionalista Galego. E ti un nacionalista Castelan. Por certo, un traidor a tua cultura nai a Galega ( si que eres Galego). Un acomplexado. Te faria moito ben viaxar un pouco polo mundo, haver si aprendes algo (a respetarte a ti mesmo), a ter dignidade. Por que lamentablemente no na tes. Un pouco de lectura tamen te iria ben. Teño un amigo psicologo que te pode axudar a superar esas travas mentais que tes. Ou se queres un psiquitra, que no teu caso será o mais propiado.

Tome #32 6/Febreiro/2010 Tome
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Gaviotero eres un paspan 100%. En Galicia hai que saber as duas linguas oficias. E si é posible o English. O que non pode ser, e ser monolingue de Castelan. Haber se viaxas un pouco mais provinciano disfrazado de modernillo. E ten cuidado que un Alcon non te coma(Gaviota peideira).

Tome #33 6/Febreiro/2010 Tome
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Unha forma imprescindible parar o PP.É que saia unha forza nacionalista (Galegista) de centro dereita. Converxencia xa está aqui.
Pido o apoio a todos os nacionalistas e galegistas. Entre todos os nacionalistas, uns pola esquerda e outros pola dereita o os independentistas. O final poñeremos a Galicia/Galiza no sitio que se merece.

GabiOterito #34 6/Febreiro/2010 GabiOterito
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Tú sí que eres un error, Gaviotero. El PP apuesta por la Liquidación Lingüística a la que no os oponéis los camisas pardas totalitarios del nacionalismo español antigallego.


¡¡¡GALICIA BILINGÜE!!! ¡¡¡LIBERTAD LINGÜÍSTICA!!!

nekelo #35 8/Febreiro/2010 nekelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que tal amigo Cuiña? Papaches ben onte o cocido cos teus amig@s PPeiros? Que bonito naquela comitiva de capas caidas.Moi galeguista si señor!

Carl #36 8/Febreiro/2010 Carl
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mire señor Nekelo: Como sabe non contesto habitualmente, penso que o debate é entre o lector, mais vostede está sendo indecente mentindo e intentando meter merda como fan algúns do outro lado. Non fun a ningún acto oficial do cocido, a pesares que o Concello de Lalín tivo a amabilidade de convidarme, é máis no momento que vostede sitúa a súa mentira estaba "de viños" co portavoz local do BNG na "Casa Currás", despois din un paseo cun bo amigo ex alcalde do norte de Galicia. Non lle vou a chamar a vostede escoria por mentir nesta páxina, mais si indecente.

Critíqueme vostede o que queira (fataría máis) pero non minta. E non perda máis o tempo que non lle penso volver a respostar a mentiras.

Grazas ao "avisador" desta falacia.

Nambuangongo #37 8/Febreiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ó capitão! meu Capitão!

Com certeza que o acompanhamento nos seus vinhos é dado de capital importância...

Ó Capitão! meu Capitão! Ergue-te a guiar este navio;
Por ti se agita o pendão e os clarins tocam teus hinos
Teu nome é o que elas clamam; para ti os olhos voltam...

Nambuangongo #38 8/Febreiro/2010 Nambuangongo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

nekelo, vou-le lavar a boca com sabão, o meu capitão não é PPeiro, é galeguista dos de verdá...como os que cortam o bacalhau no benegá!

E no entanto ele vai a missa, outros escutam zarzuela...

ESPARAVANDA #39 9/Febreiro/2010 ESPARAVANDA
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cuiña: ainda te han largar do partido.- O día menos pensado sacanche o cartón vermello e vas pra caseta.-

simplementeego #40 9/Febreiro/2010 simplementeego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ó Cuiña non o botan que vale máis ca os outros...

barravaite #41 9/Febreiro/2010 barravaite
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

se o tinglado do cocido o fixese o BNG estariamos todos extasiados coa promoción do noso prato nacional. Sería a quintaesencia da gastronomía cunqueirán levada ao paroxismo. A mágoa é que non é así e no Deza séguese a render pleitesía aos Louzán, Ana Pastor, Chema Figueroa e demáis felóns traidores.

reacciona #42 9/Febreiro/2010 reacciona
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Rafa:
hablo castellano y ese pequeño detalle cultural y/o social no me hace más sospechoso de querer menos a mi tierra (ni me impide el leer habitualmente tu blog o el resto de "Vieiros"). El peligro de no proteger al gallego frente a una lengua como el castellano es evidente, pero no es menos evidente que las urnas han hablado y no parece que lo hiciesen en defensa del actual Decreto que regula el uso de la lengua gallega en las aulas... Lo mejor que puedes hacer para y por Galicia seguramente pasa por apearte en el primer puerto de un barco en el que parece nunca debías haberte enrolado... Y si no, no olvides que las revoluciones se hacen desde dentro:
http://www.blogaliza2.com/?p=1...

ronpaulo #43 10/Febreiro/2010 ronpaulo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Oh minhas condolências, es español-falante, vaia magoa, que discriminaçons deve sofrer, e durissimo a vida dos castelhanistas na Galiza, falares castelhano é um símbolo de valentia e libertaz, mas sempre havera galegofalantes intolerantes(perdom pela redundància), que imporám sua lingua, nom dúvido que o sr Cuiña partilha dos teus plantejamentos, mas deixa-o galequizar um chisco, já sabes, abre o pp, da boa imagem e permite-lhe ocupar mais poder, sempre sabendo as linas vermelhas, por suposto, a quais o sr Cuiña nunca traspassa.

Chousa #44 10/Febreiro/2010 Chousa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os de Vilariño non erraron, non; o que faltan é moitos por opinar...
Ou non?

breoghain #45 15/Febreiro/2010 breoghain
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A quem pretende enganar o Sr. Cuinha? Milita em umha organizaçom espanhola que percura a destruiçom do nosso pais.

tacatun #46 18/Febreiro/2010 tacatun
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non entendo como un pode militar nunha organización á que critica constantemente, está ben abrir debates internos, está ben ser autocrítico, pero se non comulgas con case nada é máis coherente non militar.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao.



Máis opinións