Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Tag: armas

25/Agosto/2008 /

Brasil inviste 19 millóns de euros para sacar 300 mil armas das rúas

Aquel que entregue un arma recibirá entre 40 e 125 euros e a garantía de non ser procesado pola súa posesión.


8/Xullo/2008 /

O Estado Español vai deixar de fabricar bombas en acio

Carme Chacón chamoulles "pena de morte sen sentenza" e dixo que se van destruír as que se atopan nos arsenais do exército canto antes.


Yongbion, Corea do Norte
3/Xullo/2008 /

Tratado de Non Proliferación Nuclear: 40 anos de hipocrisía

Catro décadas despois de se abrir a adhesións, un grupo selecto de países mantén o seu arsenal e impide o acceso -con interesadas excepcións- ao resto.


29/Maio/2008 /

Máis de cen países dan un paso adiante para terminar coas bombas en acio

O acordo non foi asinado polos principais produtores: os EUA, Rusia, China e Israel; aínda que si estaban representantes do Estado Español, que tamén fabrica estas armas.


19/Maio/2008 /

En Dublín, contra as bombas en acio

Cualificado como "histórico", o encontro pretende estabelecer un acordo destinado a prohibir o emprego, a produción, o almacenamento e o comercio destas armas.


18/Maio/2008 /

"A xente está tan exposta á inseguridade no Congo que se organiza para defenderse con armas"

Unha rede traballa no Congo polo desarmamento en todos os niveis. O Canal Solidario falou co seu coordinador.


3/Marzo/2008 /

Un salto adiante cara á prohibición das bombas en acio

A conferencia de Wellington acabou cunha declaración que regulamenta a prohibición destas armas.


20/Febreiro/2008 /

Indiana Jones, sen armas nos EUA?

O tráiler do filme ten dúas versións: unha "internacional", en que o heroe é apuntado por estadounidenses, e unha "nacional", onde isto non acontece.


26/Novembro/2007 /

A ONU considera que o uso das Taser é unha forma de tortura

O comité afirma que a pistola electrocutadora produce dor intensa e pode chegar a causar a morte.


14/Novembro/2007 /

O Concello vigués négalle á policía local a famosa pistola electrocutadora

Xulio Calviño, concelleiro de Tráfico e Seguridade asegurou que a policía local de Vigo non vai empregar as pistolas de descarga eléctrica que levan tempo demandando.


9/Novembro/2007 /

Os policías de Vigo queren usar unha pistola que dá descargas eléctricas

Levan varios días teimando por pendurar a famosa pistola Taser do seu cinto. Amnistía Internacional non aproba o emprego da Taser.


29/Agosto/2007 /

Tres cuartas partes das armas de fogo no mundo están en mans de civís

EUA é o país máis armado do mundo, con 90 armas por cada 100 cidadáns. Por outra banda, The Washington Post alerta da escaseza de balas no país por mor das actuais guerras.


5/Xullo/2007 /

O Kalashnikov cumpre 60 anos, sen intención de 'xubilarse'

Usado por máis de 55 países do mundo e numerosos movementos guerrilleiros durante o século XX, este venres será obxecto dun acto oficial en Rusia.


12/Xuño/2007 /

O gasto mundial en armamento militar medrou un 3,5% en 2006

En total, gastáronse preto dun billón de euros no mundo. Case a metade correspóndenlle aos EUA, que ademais é o principal exportador.


4/Xuño/2007 /

O alcalde 'republicano' de Nova York no 'punto de mira' da NRA

A Asociación Nacional do Rifle e outros grupos defensores do dereito a tenza de armas, cargan contra o neoiorquino pola súas políticas en favor de regulamentar a posesión destas.


Un rifle nunha casa particular / Flickr: Hiddenpower
18/Abril/2007 /

Hai armas de fogo en máis dun terzo dos fogares dos EUA

O peor masacre nun centro educativo na historia dos EUA tivo lugar este luns na Universidade Virxinia Tech, con 33 persoas mortas. Diariamente morren 81 persoas por disparos.


Blacksburg
16/Abril/2007 /

Trinta e un universitarios asasinados a tiros nun campus estadounidense

Novo episodio de violencia indiscriminada, desta vez os dramáticos feitos aconteceron nunha escola universitaria de Blacksburg.