Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Tag: comision-europea

26/Novembro/2008 /

O BCE volverá a baixar os tipos de xuro

Mentres, a Comisión Europea presenta a súa proposta para relanzar a economía pedindo unha inxección de 200 mil millóns de euros aos Estados membros.


12/Outubro/2008 /

A Comisión Europea oponse a desconectar os internautas 'piratas'

A comisaria Viviane Reding rexeita a lei proposta por Sarkozy e avoga por que as discográficas busquen novos modelos de negocio.


2/Outubro/2008 /

A Eurocomisión propón deseñar un mecanismo supervisor común e reforzar as garantías dos aforros

Esténdese entre os gobernos europeos a idea dun posíbel plan de "rescate" banqueiro similar ao estadounidense, que este mércores recibiu a beizón do Senado.


16/Agosto/2008 /

Europa dá un paso adiante para prohibir o comercio de produtos derivados das focas

A Comisión Europea adoptou unha proposta de regulamento que prohibe a comercialización, na UE, de peles, cremas, alimentos e outros.


11/Xullo/2008 /

Unha inspección sorpresa da UE descobre un presunto pacto ilegal para subir os prezos dos cereais

Non se fixo público aínda o nome dos implicados que, no sector da distribución e comercio de cereais, serían acusados da formación dun cártel empresarial.


30/Xuño/2008 /

A Comisión Europea traslada o modelo de Mancomún ao seu portal de Software Libre

O observatorio e repositorio europeo presentouse en Bruxelas con presenza de representantes galegos.


18/Xuño/2008 /

O Europarlamento vota, dividido, a polémica directiva sobre inmigración

'Populares' e liberais están a favor, os socialistas queren volver emendala e os verdes opóñense.


29/Abril/2008 /

A Comisión Europea alerta das previsións á baixa da economía portuguesa

Está previsto que o crecemento baixe en 2008 do 2 ao 1,7 por cento con respecto ao ano anterior. Para o 2009 prevese a perda dunha décima máis.


22/Abril/2008 /

Erkoreka láiase de que Madrid non fixera "nada" para protexer os pesqueiros

A OTAN di que non recibiu petición de axuda e a Comisión Europea que a protección non é responsabilidade da UE.


21/Abril/2008 /

A Comisión Europea segue a pensar nos biocombustíbeis

Vai manter a súa meta de conseguir, até 2020, que o dez por cento dos vehículos dedicados aos transportes os empreguen.


Viviane Reding, comisaria da Sociedade da Información
21/Abril/2008 /

A Comisión Europea constata a fenda dixital entre as cidades e as aldeas

O executivo europeo avoga por empregar axudas públicas para levar as novas tecnoloxías ás zonas non rendíbeis para as empresas privadas.


4/Abril/2008 /

A Comisión Europea oponse ao 'canon dixital' de Sarkozy

Porén, a comisaria Viviane Reding non está en contra de que se lles cobre ás canles privadas para financiar France Télévision.


18/Marzo/2008 /

A Comisión Europea aproba o DVB-H como formato para a televisión móbil

A transmisión de contidos audiovisuais de balde para os teléfonos está máis preto.


6/Marzo/2008 /

A Comisión Europea recomendará o uso de software libre

O organismo comunitario publicará nos vindeiros días un texto que pretende acelerar a implantación de sistemas e formatos abertos.


27/Febreiro/2008 /

Multa histórica da Comisión Europea contra Microsoft

A UE considera que o xigante informático está a cobrar demasiado por darlles datos sobre Windows aos seus competidores.


13/Febreiro/2008 /

A UE pretende rexistrar as impresións dactilares de todos os viaxeiros

O diario estadounidense Washington Post tivo acceso a unha proposición elaborada pola Comisión Europea neste senso.


5/Xaneiro/2008 /

A Comisión Europea quere crear un mercado único dixital

Estabelecerá recomendacións aos estados membros para evitar as diferenzas lexislativas que impiden a distribución de contidos na rede.


27/Decembro/2007 /

Microsoft pecha un acordo con Samba, editor de software libre

Microsoft asinou o 20 de decembro un acordo con esta fundación sen ánimo de lucro


30/Novembro/2007 /

A eurobilla abre para a alta velocidade Vigo-Porto

Esvaen as incertezas sobre a futura vía ferroviaria co compromiso aprobado pola Unión Europea de investir 244 millóns de euros na liña da eurorrexión.


8/Novembro/2007 /

A denuncia contra Reganosa chega á Comisión Europea

Willy Meyer, eurodeputado de Izquierda Unida, pediu que a Comisión se posicione sobre os incumprimentos da legalidade nos que incorre Reganosa.