"Se es legal, es legal" é o lema baixo o que se afirma que compartir arquivos é ilegal e perigoso e non se fala das licenzas libres.
Un convenio asinado coa Consellaría de Cultura permitirá a dixitalización da meirande parte dos documentos da academia.
Nunha conferencia de prensa, e a preguntas dos xornalistas, a conselleira afirmou que o labor de Carlos Amoedo foi "máis que satisfactorio".
As obras do monte Gaiás recibirán 41 millóns de euros en 2009, case un terzo dos cartos destinados a partidas culturais.
Cultura rexistrou o ano pasado un total de 485 demandas por agresións a pezas históricas. Mentres, a Fiscalía do TSXG avoga por sensibilizar sobre esta materia.
A Consellaría aclara que a lexislación non contempla ningunha indemnización por abrir o recinto ao público.
Un curso de verán da Universidade de Santiago profunda nas diferenzas entre a nosa paisaxe e a percepción que temos dela.
A titular de Cultura defendeu a consolidación da muller na cultura. O PPdeG ve "listas negras" e abandonou a sala pola ausencia do conselleiro de Traballo.
A iniciativa de Cultura para 2008-2011 prevé o desenvolvemento de 83 actuacións coas que dar "protagonismo e proxección" ao traballo feito en Galiza
A Cámara non aceptou un informe que propoñía controlar as descargas dos internautas e cortarlles a conexión se usaban software P2P.
A entidade Touriñés Productions traduciu á minoritaria lingua un anaco d'A Vida de Brian.
Dos "cheques, polbo e empanada" en tempos de Fraga á estratexia real de "internacionalización da cultura galega".
Leva dúas semanas no cargo e anda estes días polo país. A semana pasada, en Pontevedra, e este luns en Compostela, convidada pola USC. Vieiros conversou con ela.
O director xeral de Creación e Difusión Cultural considera que a viaxe a Cuba foi un investimento para a internacionalización da nosa cultura e anunciou que ese gasto ha aumentar.
Xavier Castro e Cristina Alcalá serán os encargados de impartir os dous módulos do taller que afondará no valor deste produto como símbolo identitario do noso país.
Novo convenio coa Universidade de São Paulo en Brasil para a promoción da nosa lingua, e renovación do xa existente coa Universidade da República en Uruguai.
Tamén se falará de Voces Ceibes, e do 25 aniversario do Consello da Cultura e da Lei de Normalización.
Cultura investirá un total de 1.300.000 euros na campaña, que comezará antes do 23 de abril, Día Internacional do Libro
Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte, salienta que o acordo servirá para fortalecer uns mecanismos de colaboración xa existentes, e crear outros novos
Joan Manuel Tresserras, conselleiro de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat, advirte da necesidade de normalizar o acceso aos mercados das producións culturais propias