Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Tag: debate-do-estado-da-nacion

Libertad Digital
9/Outubro/2008 /

Feijoo acalma a Madrid: en canto chegue á Xunta, derrogará o decreto do galego

"O PP galego ampara a política lingüística da Xunta e a memoria histórica", titula un dos medios máis influíntes da dereita española.


8/Outubro/2008 /

O PPdeG apoia a retirada de símbolos e unha condena ao franquismo

A iniciativa de PSdeG e BNG que apoian os populares insta a Xunta a seguir coa eliminación de símbolos franquistas, na mesma semana en que o PP votou contra unha proposta similar no Concello da Coruña.


8/Outubro/2008 /

"Grazas por nada", repite Ruíz Rivas

O voceiro do PP acusou de soberbia ao Goberno e usou para o peche da súa intervención a mesma frase que Feijoo o día anterior.


8/Outubro/2008 /

"Pedimos para Astano o mesmo tratamento que se lle está dando a moitos bancos"

O voceiro do BNG, Carlos Aymerich, destacou as oportunidades do autogoberno fronte á crise.


8/Outubro/2008 /

Leiceaga propón aproveitar para a viraxe de modelo económico

O deputado socialista opina que a crise será unha oportunidade para un cambio profundo máis aló de medidas a curto prazo.



7/Outubro/2008 /

Feijoo propón unha xuntanza entre Goberno e oposición para afrontar a crise

Cómpre máis autogoberno, di, mais non se compromete coa proposta realizada minutos antes polo líder do BNG sobre a reforma do Estatuto.



7/Outubro/2008 /

Carlos Aymerich ve proxectos "ambiciosos" que evitarán que paguen a crise "os traballadores"

O voceiro parlamentario do BNG valorou positivamente as iniciativas anunciadas polo presidente da Xunta.


7/Outubro/2008 /

Convite ao PPdeG a volver ao consenso en materia lingüística

Tirou o presidente do Goberno de cita de Ramón Piñeiro para ofrecerlle acordo sobre lingua ao PP ao tempo que lles reprochaba seren voceiros de "falsas polémicas".


7/Outubro/2008 /

Ruíz Rivas: "Máis que nada escoitamos escusas e desculpas"

O voceiro parlamentario do PPdeG opinou que o presidente da Xunta "non foi realista" no seu discurso.


7/Outubro/2008 /

A Xunta aprobará o xoves os proxectos de lei de publicidade institucional e do canon hidroeléctrico

Inserida no que o presidente do Goberno definiu de exemplo de "rexeneración democrática", Pérez Touriño anunciou ademais a reforma da CRTVG antes de que remate o ano.


7/Outubro/2008 /

O Goberno pon 430 millóns a disposición das empresas fronte á "marusía económica"

"Sufriremos", agoirou o presidente da Xunta, que anunciou subvencións para a contratación de parados de longa duración, incentivos a microempresas, préstamos para investimento e axudas ao transvase de traballadores.


Emilio Pérez Touriño
7/Outubro/2008 /

Debate do Estado da Nación con aire preelectoral e de balance

Crise económica e proxectos pendentes e ausentes para o treito final de lexislatura agárdase que asomen esta terza ao debate "sobre o Estado da Autonomía".