Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: portugal

4/Novembro/2008 /

A demanda do naval estimula a fuxida de traballadores do sector en Portugal

Os sindicatos lusos láianse de que a viaxe ao outro lado do Miño de profesionais formados en Portugal podería complicar o desenvolvemento dos estaleiros portugueses.


27/Outubro/2008 /

As relacións comerciais entre Galiza e Portugal reséntense pola crise

A economía portuguesa iniciou unha desaceleración do crecemento do seu PIB no primeiro semestre de 2008, un contexto que afecta ao seu comercio exterior.


27/Outubro/2008 /

Mes e medio de cadea por ter un CD pirata

O empresario Bernardo Macambira acabou no cárcere despois de non ter pagado a multa á que o condenara un xulgado.


Cartaz das xornadas
19/Outubro/2008 /

"Aínda que a fronteira non exista, hai moi pouco coñecemento común entre Galiza e Portugal"

O encontro pretende fomentar un coñecemento real de Galiza dentro da sociedade portuguesa.


O ministro de Exteriores de Montenegro, Milan Rocen
10/Outubro/2008 /

Bosnia xa é a única ex república iugoslava que, xunto con Serbia, non recoñece a independencia de Cosova

Montenegro e Macedonia recoñecérona esta quinta feira. Na UE, coa decisión de Portugal o martes, son 22 estados os que xa o fixeron.


10/Outubro/2008 /

O Partido Socialista portugués vai votar en contra do casamento homosexual, a pesar de estar a favor

O Bloco de Esquerda e os Verdes presentan unha petición para que as parellas do mesmo sexo poidan casar. O PS considera que a sociedade precisa preparación.


30/Setembro/2008 /

Lula promulga o polémico Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa

O convenio unifica e simplifica a forma de escribir nos oito países que comparten lingua oficial. Os portugueses protestaron, porque muda un 2 por cento o seu léxico.


24/Setembro/2008 /

Portugal instala unha planta de produción eléctrica que aproveita a forza das ondas perto da fronteira con Galiza

Conta con tres xeneradores con capacidade para producir 750 quilovatios cada un, se ben o goberno prevé chegar a 27 no total do país.


Combustíbeis
23/Setembro/2008 /

As petroleiras portuguesas baixan os combustíbeis pola protesta cidadá

A BP e Cepsa baixaron oito céntimos o litro de gasóleo e catro o de gasolina.


19/Setembro/2008 /

Galiza será o país convidado no Fantasporto 2009

Proxectaranse algúns dos filmes máis destacados do cinema galego recente, como 'O Bosque Animado', 'Onyria' ou o premiado 'Un Franco, 14 Pesetas'.


Cartaz da exposición
21/Setembro/2008 /

Que veñan os romanos!

Exposición sobre os guerreiros castrexos nunha pequena vila do Monte Barroso.


15/Setembro/2008 /

Hugo Chávez merca un millón de computadores portugueses que "aguantan bombardeamentos"

O presidente de Venezuela demostrou na televisión a resistencia do portátil deixándoo caer enriba da mesa.


Eurofound
22/Agosto/2008 /

Portugal é o segundo país da UE con maior diferenza salarial entre homes e mulleres

Os primeiros gañan un 25,4% máis cás segundas, namentres que a media europea é do 15,9%. En todos os estados rexistráronse datos negativos.


14/Agosto/2008 /

Portugal recorda os camiños dos contrabandistas

A "rota do contrabando" percorre os camiños máis utilizados nos anos 50 e 60 para fuxir das autoridades.


2/Agosto/2008 /

O alcalde do Porto pide a xestión do Aeroporto Sá Carneiro, coa que "também pode ganhar Galiza"

Rui Rio pediu a rápida construción dunha liña de alta velocidade entre Porto e Vigo.


1/Agosto/2008 /

Cavaco Silva esixe a derrogación doutros cinco artigos do Estatuto dos Azores

O Presidente da República denuncia a inconstitucionalidade do texto. O PS anuncia que acatará a recomendación, mais non os socialistas azorianos.


31/Xullo/2008 /

Portugal fabricará o portátil de baixo custo Magalhães

O computador, froito dun convenio do goberno do país veciño con Intel, distribuirase entre o estudantado de Primaria cun prezo máximo de 50 euros.


30/Xullo/2008 /

O meirande festival de música de Galiza está en Portugal

Sex Pistols, Editors, Primal Scream, The Mars Volta ou Thievery Corporation estarán na praia fluvial do Tabuão dende o xoves 31 até o domingo 3.


OutleTui
15/Xullo/2008 /

O 5 de setembro abrirá en Tui, co ollo posto en Portugal, o maior 'outlet' de Galiza

Case 500 portugueses, entre estes o director, traballarán no centro, que contará con 80 tendas das "mellores marcas mundiais".


2/Xullo/2008 /

O presidente de Madeira quere levar a referendo a autonomía da illa

Vai facer unha proposta de revisión constitucional para que "se clarifiquen as competencias do Estado e as da rexión".






Locais:
GZ-Sete