Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: vigo

hai 2 dias /

Espinosa afirma que a depuradora do Lagares vai ter un impacto ambiental e visual mínimo

A ministra de Medio Ambiente sinalou que o proxecto inclúe un programa de recuperación da xunqueira. A obra comezará o ano que vén.


Quintana e Domínguez, este venres en Vigo
hai 5 dias /

A "estratexia económica nacional" pasa por un novo Estatuto, afirma Quintana

O portavoz nacional do BNG e vicepresidente da Xunta defende unha economía "ao servizo da xente" na presentación en Vigo dunha nova campaña da formación.


1/Novembro/2008 /

O futuro inmediato das telecomunicacións debateuse en Vigo

O director xeral de Comunicación Audiovisual explicou as posibilidades que ofrecen as frecuencias de UHF que quedarán libres despois do apagamento analóxico.


2/Novembro/2008 /

Este ano en San Teleco non haberá botellón

A programación, presentada na Universidade de Vigo, inclúe música tradicional e doazón de sangue.


30/Outubro/2008 /

Día de pulso para o PSOE vigués

Coñécese a lista liderada por Manel Gallego, con beizón da dirección do partido, e que leva a Abel Caballero como candidato a presidente local.


Abel Caballero
28/Outubro/2008 /

A "lista negra" de Caballero segue sendo cancela para a entrada dos veciños no Concello

Veciños da parroquia de Coruxo afectados pola depuradora denuncian a "peneira á medida do alcalde" supostamente realizada por membros da policía local.


25/Outubro/2008 /

Sinsal continúa co jazz de vangarda de The Necks

O Festival pecharase en novembro con Pantaleimon e Lightning Bolt.


22/Outubro/2008 /

Comeza o outono cultural na Universidade de Vigo

Facto Delafé, Mishima ou Manos de Topo destacan na axenda musical da cidade, que o 27 de novembro acollerá o ansiado debut en Galiza de Antònia Font.


21/Outubro/2008 /

Confirmados os tres aspirantes a liderar o avespeiro socialista vigués

Gonzalo Caballero o último en presentarse. Enfronte: Manel Gallego e Carlos Príncipe. A votación será poucos días despois de que Vigo acolla o Consello de Política Municipal do PSOE.


19/Outubro/2008 /

A Marcha Mundial pediu "cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo"

Pechouse o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial, que reuniu en Panxón a 150 delegadas de 40 países.


18/Outubro/2008 /

A Marcha Mundial das Mulleres percorre Vigo este domingo

En Panxón estase celebrando semana o VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que organiza a coordinadora galega.


19/Outubro/2008 /

"O feminismo non pode ser o privilexio dunhas poucas: a autonomía e a capacidade de decidir é un dereito común"

A organización feminista internacional, cuxa forza reside na súa colectividade, prepara unha manifestación para este domingo en Vigo.


15/Outubro/2008 /

Plan de emprego para incorporar ao sector naval a un milleiro de profesionais

CCOO considera que existe gran demanda de man de obra con experiencia, situación á que se chegou como consecuencia da redución de persoal nos estaleiros.


14/Outubro/2008 /

Vigo mantense como o recuncho sen pacificar do PSdeG

Militantes de base instan o ex concelleiro Gonzalo Caballero a encabezar unha lista de "renovación" para a executiva do PSdeG na cidade.


7/Outubro/2008 /

Vigo terá nova depuradora nun máximo de dous anos

Ha custar 234 millóns de euros e as obras comezarán no primeiro trimestre de 2009. Medio Ambiente eludiu revelar se irá ou non soterrada.


Santiago Domínguez
3/Outubro/2008 /

O coche que circulaba en Vigo con exceso de velocidade era do tenente alcalde

Na mañá de este venres confirmouse que o coche que circulaba a 120 km/h nunha zona limitada a 50 estaba asignado ao tenente alcalde, Santiago Domínguez.


3/Outubro/2008 /

Sen licenza e a pé da enseada de San Simón o Porto de Vigo inicia unha ampliación ilegal

No mesmo lugar onde hai tempo xa se tentara construír unha fábrica de cemento, o Porto pretende agora formigonar e facer un recheo para contedores.


25/Setembro/2008 /

Lixo e vertidos na semana pasada evidencian deixadez no seu coidado

A comarca de Vigo non trata ben aos seus ríos. As evidencias de degradación dos mesmos prodúcense día tras día sen que se tome ningún tipo de medida para solucionala.


30/Setembro/2008 /

O Consello da Cultura celebra o seu plenario por vez primeira fóra de Santiago

Ao tempo inaugurarase na cidade a exposición 'Galicia 25. Unha cultura para un novo século', que repasa a historia da institución.


21/Setembro/2008 /

Crece a oposición ao Plan Vigo Integra

BNG, ADEGA, EU e varios concellos da zona, como Marín ou Gondomar, rexeitan o proxecto.






Locais:
GZ-Sete