Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Tag: web

hai 16 horas e 6 minutos /

Lendo 'Os Lusíadas' no teléfono móbil

O Instituto Camões dispoñibilizou na rede máis de 1.200 documentos históricos, que abranguen os últimos cinco séculos da historia de Portugal.


Anna Frank
hai 5 dias /

As imaxes máis célebres da historia xúntanse nunha web

Son aquelas que mudaron o mundo. Entre elas, a nena vietnamita que foxe do napalm ou as aínda non esquecidas Torres Xemelgas.


29/Decembro/2008 /

Pérez Hilton e una rede social de novos talentos portugueses, entre as webs máis innovadoras

Os galardóns, divididos en 26 categorías, escolléronse a partir de máis de 250 mil votos dos internautas.


Galicia Aberta
14/Decembro/2008 /

Xa está na internet o primeiro Mapa de Recursos Migratorios do país

A iniciativa, pioneira no Estado Español, pódese consultar na web Galiciaaberta.com, da Secretaría Xeral de Emigración.


Imaxe da web da Deputación de Lugo
6/Decembro/2008 /

A web da Deputación de Lugo ha seguir só en castelán un pouco máis de tempo

Presidencia prepara unha nova versión para "finais deste ano ou principios do que vén" que será tamén en galego.


30/Novembro/2008 /

A Xunta pon en marcha unha web que informa da cobertura da TDT

Ademais de amosar nun mapa as áreas cubertas pola televisión dixital, pódese consultar individualmente o estado en cada núcleo de poboación.


17/Novembro/2008 /

O herbario da USC xa se pode visitar virtualmente

A colección botánica, con máis de 100 mil exemplares, dispón dende esta semana dunha exposición virtual e interactiva.


15/Outubro/2008 /

Chámome Uxío Canedo, en castelán sería Eugenio Cañaveral

A Universidade de Vigo pon en marcha unha páxina que corrixe os apelidos e nomes castelanizados.


30/Agosto/2008 /

Unha ferramenta web ensinará consumo responsábel na rede

Consumo está a presentar noutras comunidades autónomas o software, que simula un contorno real de comercio electrónico.


26/Agosto/2008 /

Unha web creará unha rede social arredor da mobilidade sustentábel

O proxecto, que estará listo en 2009, conta cunha subvención de Industria de 47.000 euros.


5/Agosto/2008 /

Microwebs para as bandas emerxentes do país

Máis de 400 grupos musicais de toda Galiza ensaian xa nos 16 locais en funcionamento. A nova web da Rede ofrece todo o que precisan, mesmo un espazo propio.


29/Xullo/2008 /

Sei cal é o teu sexo (e que webs visitaches)

Unha web permítenos comprobar o doado que é acceder ao noso historial de navegación. A cambio, adiviña o noso xénero.


23/Xullo/2008 /

A web da falsa identidade de Karadzic

A suposta páxina do presunto experto en medicinas alternativas inclúe unha biografía inventada e os seus dez proverbios chineses favoritos.


29/Xuño/2008 /

Os cegos poderán navegar sen instalar software específico

A Universidade de Washington desenvolveu unha ferramenta web de código aberto.


9/Xuño/2008 /

Os parlamentarios europeos terán o seu 'MySpace'

O portal, financiado con fondos europeos, pretende servir de punto de encontro dos políticos do continente.


24/Maio/2008 /

Unha ferramenta web detectará expresións sexistas na rede

O servizo analizará automaticamente o texto dos enderezos web e ofrecerá alternativa.


Jamie Livingston tocando o acordeón o 2 de xullo de 1989
22/Maio/2008 /

Dezaoito anos de polaroids

Unha web recupera o traballo do fotógrafo e artista Jamie Livingston, que tirou unha fotografía cada día da súa vida dende 1979.


20/Maio/2008 /

A Federación Anti Pirataría obriga a pechar unha web de subtítulos

Un correo electrónico con ameazas legais obrigou o administrador da wiki a pechala. Xa apareceu un clon.


5/Maio/2008 /

Un portal público potenciará a participación da muller na investigación científica

A web pretende darlles visibilidade ás investigadoras e ofrecer datos estatísticos para posta en marcha de políticas de igualdade.


29/Abril/2008 /

Pasou moito frío, pero foi onde "máis calor" sentiu da xente

O mellor triatleta do mundo correu na casa e, a pesares de non sentir as dedas dos pés nin os pés en si mesmos durante parte da carreira, seguiu a ser o mellor.