Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


11:20 11/10/2008 / ETB-3

A televisión vasca presenta nova canle e nova web

A terceira cadea, integramente en éuscaro, estará dedicada a un público infantil e xuvenil, mentres que o portal se suma á tendencia da web 2.0.


11:10 11/10/2008 / PASAMENTO

A cultura galega perde a Ramiro Fonte

O poeta eumés levaba unhas semanas ingresado nun hospital de Barcelona, onde faleceu a medianoite do sábado.


Cartaz do congreso
11:00 11/10/2008 / CATOIRA É ESTA FIN DE SEMANA A CAPITAL DO PIRAGÜISMO

"A universidade de Vigo é a única que apoia o piragüismo"

Manuel Isorna preside o comité organizador do II Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas, que comeza este venres en Catoira.


10:35 11/10/2008 / UNHA SEMANA PARA O FESTIVAL

Xa podes votar a Boy Elliott na web do Liet Lavlut

O 18 de outubro a canción gañadora do A Polo Ghit competirá en Laponia representando a Galiza.


10:22 11/10/2008 / MALIA AS MEDIDAS GOBERNAMENTAIS

As bolsas mundiais pechan a semana con caídas históricas

O G7 anuncia accións para frear a crise financeira mundial e evitar a caída do sistema, mais non especifica cales.


09:55 11/10/2008 / FESTIVAL, DO 11 AO 18 DE OUTUBRO

Ourense, a capital galega do cine

O sábado comezan as proxeccións, cunha gala de inauguración na que actuará Mercedes Peón e se estreará o documental 'Eloxio da Distancia'.


09:50 11/10/2008 / ACCIDENTE DE TRÁFICO

Morre o ultradereitista austríaco Jörg Haider

O seu partido, BZÖ, que acadou o 11% dos votos nas pasadas eleccións, fica nunha difícil situación.


09:45 11/10/2008 / PROXECTO SECOQC

Preséntase en Viena unha rede de comunicacións inexpugnábel

Formada por seis nodos, emprega fotóns para crear claves imposíbeis de romper, segundo a teoría cuántica.


09:30 11/10/2008 / Vizoso balance de triunfos este ano

Os mellores triatletas do país, xuntos en Compostela

Vieiros puido falar con Xabier Gómez Noya, Iván Raña e Óscar Vicente, dous campións e unha promesa desta disciplina deportiva.


21:20 10/10/2008 / o noso taboleiro

Escola de Espiritualidade

Unha nova edición da Escola está xa en camiño. Tendes toda a información no díptico.


21:08 10/10/2008 / Marcha Mundial das Mulleres

Marcha Mundial das Mulleres

Entre o 14 e o 21 de outubro Vigo acolleu o VII Encontro Internacional da rede feminista Marcha Mundial das Mulleres. Este encontro, que se celebra cada dous anos, reúne delegadas dos cinco continentes.

A Residencia de Encontro e Formación de Panxón, na cidade olívica, acolleu aproximadamente a 150 participantes, duns 40 países, que participan en representación das coordinadoras nacionais e do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.


20:43 10/10/2008 / O Trasno

Dereitinglish

Que un profesor da universidade de Santiago decida impartir parte do seu temario de dereito civil en inglés causa certa inquedanza no alumnado. E, polo que se ve, no máis reivindicativo e galeguista.


19:00 10/10/2008 / Até o 30 de novembro

O Verbum convida a unha viaxe audiovisual da figura de Celso Emilio Ferreiro

Unha mostra que presenta dun xeito ameno e didáctico a vida e obra do poeta de Celanova.


18:45 10/10/2008 / A maior empresa do sector nos EUA

Directivos dunha aseguradora "rescatada" por Bush celébrano cunha festa de 325 mil euros

En só tres meses perderan case catro mil millóns de euros, burato que tapou o goberno estadounidense. Un congresista demócrata denuncia agora os detalles da festa coa que o celebraron.


18:00 10/10/2008 / INFORME DO BANCO MUNDIAL E A FAO

A sobreexplotación dos mares e o exceso da flota fai que a pesca non sexa rendíbel

O estudo avoga pola reforma da lexislación en materia pesqueira e calcula en 36,4 millóns de euros as perdas derivadas dunha mala xestión.


14:00 10/10/2008 / Fraga entra tamén na polémica

Rueda di que se "malinterpreta" o estalicón de orellas do PP á dirección galega

A xuntanza de parlamentarios estatais do PP en Galiza e a presión da prensa conservadora española enlean as declaracións cruzadas desde o partido.


Celta e Espanyol volverán a verse as caras despois de varios anos
14:00 10/10/2008 / COPA DO REI

Eliminatoria difícil para o Celta, mellor sorte para o Depor

O Deportivo enfrontarase ao Elche, mentres que os vigueses buscarán o pase fronte ao Espanyol de Barcelona.


Seareiros da selección chilena
14:00 10/10/2008 / 27 de decembro: Partido da Selección Nacional

'A Irmandiña' contra 'La Roja'?

Un hipotético Galiza-Chile está no aire. As negociacións aínda non están pechadas, aseguran dende a Xunta; porén, a prensa chilena dáo por feito.


13:30 10/10/2008 / Segundo o ministro de Justiça, Tarso Genro

Lula xa ten candidata para relevalo nas eleccións presidenciais de 2010

A escollida é a súa ministra-chefe da Casa Civil, Dilma Rousseff. O presidente brasileiro vai defender a súa elección ante o Partido dos Traballadores.


13:30 10/10/2008 / A PRINCIPAL REVISTA DE MÚSICA CATALÁ

O mellor do pop galego, nun cd de balde con Enderrock

Recolle cancións de 18 bandas, percorrendo todos os estilos, para amosar en Cataluña a máis recente creación musical galega.