Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Grazas a unha colecta

O estafador solidario sae do cárcere tras pagar os 50 mil euros de fianza

Levaba dous meses en prisión, acusado de estafa. Esta quinta asegurara que non había pagar, por considerar a fianza "inxusta".

Redacción - 09:00 22/05/2009
Enric Duran

Enric Duran

Enric Duran, o mozo catalán coñecido como o estafador solidario ou o Robin dos Bancos, saíu esta quinta feira á tardiña de prisión, tras abonar a fianza de 50 mil euros que lle pedía o xuíz. Os cartos foron reunidos grazas a numerosas doazóns, xa que o propio Duran negárase a pagar a fianza do seu peto, ao considerala "inxusta".

Levaba dous meses no cárcere e, ao saír, dixo que había continuar traballando para mudar o actual sistema económico. Duran foi detido o 17 de marzo desta no, mentres impartía unha conferencia no Reitorado da Universidade de Barcelona, ocupado polos estudantes que protestaban contra Boloña. O xuíz decretada prisión sen fianza, ante o medo de que Duran puidese fuxir.

Este mozo conseguiu case medio millón de euros en créditos de 39 bancos, que foi recadando durante máis de dous anos, e despois fuxiu. Aínda así, unha parte do diñeiro destinouno a publicar Crisi, unha revista que se repartiu de balde o 17 de setembro e que se pode descargar da web 17-s.info. A publicación informa de como nos 'rouban' os bancos e como facer para darlle a volta á situación. De feito, conta como fixo para conseguir todos eses cartos, que non pensa devolver, e para criticar o sistema bancario. Outra parte do diñeiro dooulla a movementos sociais. Duran explica que a súa estafa é un novo xeito de desobediencia civil.


4.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: